Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta San Sadurniño


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

59 historias

Xarope de chumbeira

Aprende con Cruz a facer un remedio natural para curar a tos, tal e como o facía a súa nai. Xarope ou jarabe de...

Ferrreira ,2018

O cultivo da chía

O cultivo da chía, un novo experimento que pon en marcha Maruxa na súa horta.

Lamas ,2018

Madre mía! Aquí hai boniatos!

As mulleres de "Teño unha horta en San Sadurniño", experimentan de novo co cultivo dos boniatos. Aquí podes ver o...

San Sadurniño ,2018

"Boniatos no país do sol poniente"

4ª Chanfaina Lab (19). Estrea: venres 15 de xuño do 2018. Idea e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo...

Ferreira, Lamas, Naraío e Igrexafeita ,2017

Cómo cultivar tabaco

Maruxa pon en marcha un novo experimento na súa horta de Lamas, unha plantación de tabaco.

Lamas ,2018

De ónde e cómo sae o liño?

Aprende con Maruxa e Cruz cal é o proceso da elaboración do liño. Desde a recollida da planta ata conseguir os fíos...

Lamas ,2018

Cómo espantar moscas e mosquitos con ruda

Aprende con Cruz este sinxelo truco para espantar moscas e mosquistos con ruda.

Ferreira ,2018

Trucos ecolóxicos para espantar os ratos da horta... ou non

Carmiña pon en práctica diferentes trucos ecolóxicos para espantar os ratos que lle comen os produtos da horta.

Lamas ,2017

Teño unha horta en San Sadurniño - Premio Fundación DomusVi

O proxecto audiovisual e de inclusión dixital “Teño unha horta en San Sadurniño” recibiu en Madrid o premio como...

Madrid ,2017

Cómo enristrar mainzo

Aprende con Consuelo cómo enristrar o mainzo.

Igrexafeita ,2017

Qué son grelos e qué son nabizas?

Cruz Piñón ilústranos sobre a diferencia entre os grelos e as nabizas.

Ferreira ,2017

O experimento dos boniatos 2: a colleita

Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña puxeron en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar...

San Sadurniño ,2017

Truco para escorrentar caracois

Carmiña móstranos este orixinal truco para protexer a horta dos ataques de caracois e babosas.

Lamas ,2017

Aromáticas e outras herbas de gardar

Consuelo móstranos as herbas aromáticas da súa horta, fálanos das súas aplicacións e das sementes a recoller para...

Igrexafeita ,2017

Cómo cultivar lentellas

Aprendemos con Maruxa cómo cultivar as nosas propias lentellas. Un novo experimento nas hortas de San Sadurniño. Algo...

Lamas ,2017

Aquí hai tomate!: 13 variedades ecolóxicas

Consuelo preséntanos as 13 variedades de tomates ecolóxicos que cultiva na súa horta.

Igrexafeita ,2017

Combatir "a peste" dos tomates con leite

Aprende con Cruz cómo facer un fungicida caseiro con leite para protexer os tomates e outras plantas da horta dos...

Ferreira ,2017

O experimento dos boniatos nas hortas de San Sadurniño.

Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña poñen en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar...

Lamas ,2017

Cómo sementar berenxenas. A horta de Cruz.

Cruz ensina cómo plantar as berenxenas, na súa horta de Ferreira.

Ferreira ,2017

Cómo cultivar cebolas. A horta de Lucita

Lucita amósanos cómo cultiva cebolas na súa horta de Naraío.

Naraío ,2016