Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Un valente" na feira de San Sadurniño

Campo da feira, San Sadurniño, 1894

En 1894 publicábase no "Almanaque Gallego 1895" un poema titulado "Un valente" coas vivencias dun destemido aventureiro na feira de San Sadurniño. O texto fora escrito por Constantino Fernández. Sábese moi pouco deste poeta, agás que vivía en Coruña na altura de 1885, e que compoñía poemas de inspiración popular, algúns deles adaptados por grandes músicos galegos do XIX como Pascual Veiga. Este poema será versionado en 1980 pola charanga de Cuco de Velle, no 2009 por Tiruleque ou A requinta da laxeira no 2013, mais tamén por "Cé Orquestra Pantasma" ou a Real Banda de Gaitas de Ourense, converténdose nun clásico da música popular galega. Descarga o documento coa orixe da que será a mítica canción "Eu fun a Feira de San Sadurniño".

Versión da charanga de Cuco de Velle:


Versión de Tiruleque:


Versión de A requinta da laxeira:

  • "Un valente" na feira de San Sadurniño

  • Comezo do poema publicado no Pumariño en marzo de 1981

load

Documentos:

Letra da canción "A feira de San Saturniño". A Charanga do Cuco de Velle, 1980.
Letra da canción "A feira de San Saturniño". Tiruleque 2009
Letra da canción "A feira de San Saturniño". A requinta da laxeira 2013
Poema "Un valente". Constantino Fernandez 1894

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, cancións, feiras, música, San Sadurniño (parroquia), visitantes, poesía

Compartir en: