Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Tempo vertical"

San Cristovo de Ferreira, 2024

Guión e dirección: Lois Patiño
Produción: Felipe Lage de Zeitun Films.
Sinopse: "Tempo vertical: teaser do filme "Lúa vermella"
Duración: 5'
Gravado no adro de San Cristovo de Ferreira no ano 2015 coa colaboración da veciñanza de San Sadurniño.



Lois Patiño (Vigo 1983). Licenciado en Psicoloxía na Universidade Complutense, estudou cine dixital na NYFA de Nova York, ademais doutras prácticas formativas en Barcelona e Berlín. A súa traxectoria artística durante os últimos doce anos é abraiante. As súas pezas, filmes e videoinstalacións percorreron practicamente todos os festivais de referencia do mundo enteiro. A persoa interesada pode comprobalo no inmenso currículo da súa páxina web. As súas últimas obras foron: “El sembrador de estrellas” (2022); “El cielo más próximo” (2022), “Samsara” (2023) e “Ariel” (2024).

“Tempo vertical” non é unha curta producida ao abeiro da Chanfainalab. Máis ben trátase do rescate dunha pequena peza de grande interese na traxectoria de Lois Patiño. En realidade é un teaser gravado en Sansa no 2015 polo cineasta para acadar o financiamento da longametraxe “Lúa Vermella” (2020), unha longametraxe fantástica que percorreu máis de corenta festivais internacionais. O equipo de cociña da Chanfainalab colaborou na súa loxística e produción; na gravación -no adro de San Cristovo de Ferreira- participan arredor de corenta veciños e veciñas de San Sadurniño.
Con esta peza, o cineasta vigués pretendía experimentar e amosar o estilo visual e narrativo no proceso de desenvolvemento do proxecto. Segundo o propio Lois explicaba daquela: "tratábase de capturar a experiencia temporal a través de figuras inmóbiles na paisaxe para contrapoñer o “tempo horizontal”, un tempo físico, o tempo da natureza; fronte a “tempo vertical”, que sería moito máis impreciso. Non é só o tempo da conciencia, senón que fai tamén referencia a algo que se asocia á experiencia poética, ao abraio ou a sublimación. Unha experiencia interior de transcendencia, de quietude introspectiva”
Así pois, "Tempo vertical" é a cerna, o corazón da longametraxe “Lúa Vermella”, que incorporamos con orgullo ao arquivo audiovisual de San Sadurniño por xentileza de Zeitun films e do propio Lois Patiño.

"Tempo vertical"

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Chanfaina'Lab, Capelas, Ferreira, lendas, vídeos, visitantes

Autor/a: Lois Patiño

Compartir en: