O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
San Sadurniño, 1960
O 28 de novembro de 1960, o concello de San Sadurniño- presidido polo mestre Francisco Dorado- patrocinou a festividade de San José de Calasanz, o “Día del Maestro”, invitando a todos os profesores, nenos e nenas do municipio a unha sesión de cine gratuíta no Cine “Avenida” , coa película “Mi tío Jacinto” (Ladislao Vajda, 1956).
O ano anterior o filme proxectado para a ocasión foi "Argelia (Lesley Selander, 1953). Ademais os donos do cine “le proporcionaron muchas golosinas a los niños”. O custe da actividade foi de 397 pesetas.
Temas: cinema, escola, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello)
Vídeos:
Tráiler de "Mi tío Jacinto"