San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño
Agra de Abaixo, San Sadurniño, 1997
"María de Piñon", María Sanjurjo Gil de Agra de Abaixo-, contoulle a “lenda da Loureana” ao músico Óscar Fernández, veciño de San Sadurniño e membro do mítico grupo “Os Cempés”. A partires da lenda, Óscar compuxo a fermosa canción "A loureana", integrada no CD “Capitán Re”, editado en 1997 por Fol Música. Con Antón Varela (gaitas), Pablo Ces (bombo), Serxio Ces (pandeireta, saxo, tarañolas), Óscar Fernández (acordeón), Beto Niebla (tamboril). Podes descargar mais abaixo a “lenda da loureana” ilustrada por Eva Merlán e ambientada no Castro de San Sadurniño.
Temas: cancións, castros, creador@s, lendas, música, músicos, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Óscar Fernández
Vídeos:
Actuación dos Cempés nos Directos da Galega
Sara Sariña