Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
San Sadurniño, 2009
En outubro de 2009, a Asociación folklórica e Cultural "Berros do Castro" organiza as Iª Xornada de Cultura Popular Galega, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega. Ano a ano, o evento foi consolidándose e, cara ó comezo do outono, os interesados na música popular galega teñen xa unha cita obrigada na Casa de Cultura de San Sadurniño. Habitualmente escóllese un eixe central sobre o que se desenvolven as xornadas: No 2012 foi "a percusión na tradición galega”; no 2013 "a voz na música popular” no 2014 "de trompas, bichos e outras músicas” e no 2017 un curso de afinación da gaita a cargo de Daniel Bellón . Podes ver todos os cartaces desta singular iniciativa en imaxes relacionadas.
Temas: vídeos, San Sadurniño (Concello), lecer, músicos, eventos, música
Autor/a: Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro
Vídeos:
Berros do Castro nas 1º xornadas arredor da música tradicional 2012
1º Xornadas de Cultura popular
Os Melidaos nas V Xornadas de Cultura Popular
Cuarteto Xente Nova nas VI Xornadas