Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Xente da familia real

San Sadurniño, 1913

Practicamente todos os xornais de Galicia anunciaron o 20 de xullo de 1913 a chegada á residencia veraniega dos Marqueses de San Sadurniño de varios membros da familia real. Nesta ocasión serán Carlos de Borbón Dos Sicilias e a súa segunda esposa Luisa de Orleans- avós maternos do Rei Juan Carlos I-; ademais dos irmáns de Don Carlos, Raniero de Borbón-Dos Sicilias e Felipe de Borbón-Dos Sicilias. Pasarán dous felices días no Pazo da Marquesa e serán debidamente agasallados tanto en San Sadurniño como nas visitas oficiais en Ferrol. O gobernador civil da provincia achegarase ao Pazo para cumplimentar aos ilustres visitantes. (Ver documento)
Días despois, a Marquesa Natividad Quindós organizará unha festa privada no Pazo e na fraga: “Una hermosa fiesta en honor a don Carlos y a su esposa la princesa Luisa. Al acto que resultó brillantísimo asistió lo más granado de la sociedad ferrolana” (El regional 23/7/1913). Asemade pasaron varios días de xullo a Marquesa de Casa Pabon e a "señorita de compañía" Joaquina Catalán. O Pazo de San Sadurniño segue a ser un centro de referencia para a alta nobreza española na temporada estival, un oasis para a elite aristocrática, mais nun contexto de pobreza e nulas perspectivas de progreso que está a obrigar a moitos veciños á emigración.
Na fotografía, familia Borbón-Orleans, coa súa descendencia, a segunda nena pola dereita, María de las Mercedes, será a nai de Juan Carlos I.

  • Xente da familia real

  • Carlos de Borbón Dos Sicilias

  • Luisa de Orleáns

  • Voda de Carlos de Borbón e Luisa de Orleáns (1907)

  • Don Carlos nos cromos de chocolate francés

  • Visitas da familia real 21.07.1913. El Correo Gallego

load

Documentos:

Xente da familia real (1913)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: