Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
San Sadurniño, 2000
A ampliación e inauguración do CPI a comezos de 1999, deixou baleiro o edificio da antiga escola unitaria; temporalmente foi utilizado como sede social da Asociación Cultural Bidueiro, mais o Concello, presidido por Constantino Bedoya, decidiu construír as primeiras vivendas sociais de San Sadurniño co obxectivo de asentar poboación no territorio.
O proceso comezou en abril do ano 2000 co derrubo do vello edificio. Mais houbo que agardar un ano para que o proxecto acadara o financiamento necesario. Tratábase de construír oito chalés individuais de 90 metros cadrados en dous alturas "para non alterar a harmonía do entorno municipal". Cada vivenda tería un custe de 54.000 euros. A primeira pedra colócase o 15 de outubro do 2002. Tras da convocatoria oficial e o proceso de selección de adxudicatarios, o Conselleiro de Política territorial, Alberto Núñez Feijoo, entregará as chaves das vivendas aos agraciados o 22 de febreiro do 2005.
No ano 2012, o Concello presidido por Secundino García Casal tamén reconverterá as vellas escolas de Naraío e Bardaos en vivendas individuais.
Na fotografía, inicio do derrubo en abril do ano 2000.
Temas: patrimonios, familias, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Fálame