Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Vicente González Rodríguez, alcalde

San Sadurniño, 1875

Alcalde de San Sadurniño (1875-1877)
Coa Restauración borbónica de Alfonso XIII as augas revoltas do Sexenio Democrático volveron ao rego. O Goberno conservador de Cánovas del Castillo recupera todos os resortes do poder do mesmo xeito que o Marqués de San Sadurniño a súa influencia na corte madrileña. Alfonso XII vaino nomear senador vitalicio ata a súa morte en 1900. Como consecuencia da remuda do poder local decretada por mandato gobernativo en toda España, accede á alcaldía de San Sadurniño o experimentado veciño de Lamas e caseiro do Marqués, Vicente González Rodríguez, en setembro de 1875. Substitúe a Nicolás Redondo. Xa fora concelleiro e interventor municipal en anos anteriores 1867-1868, 1869-1872, 1872-1873, 1874-1875 e ven acompañado por homes da “vella garda” local: Juan Couce Díaz 1º tte alcalde; Vicente Castro Castro 2º tte alcalde; Andrés López Pouso (SS); Fabián Grandal; Tomás Rico Martínez, interventor (SS); José Cibreiro Fernández (Monte); Domingo Seijas Pardo; Antonio Mera (Naraío); Andrés Castro (Ferreira); José Beceiro; Francisco Fernández, síndico. O recadador municipal de contribucións é Juan López Pouso, irman do concelleiro, ademais de fiador que vai endosarse o 3% do diñeiro recadado.

Unha das obrigas nos novos concellos será o apaciguamento da orde pública despois do turbulento Sexenio democrático e a preparación das eleccións constituíntes do 20 de xaneiro de 1876, que por suposto están marcadas polo signo conservador, xa que só poderá votar o 5% da poboación (os mais ricos). A nova Constitución deseñada a medida polo líder conservador Cánovas del Castillo consagra o estado confesional católico, o poder do rei Alfonso XII, a limitación dos dereitos individuais e o control gubernamental de concellos e deputacións, que perden a a súa autonomía e caracter democrático. O poder do Pazo do Marqués volve a ser omnímodo.
A nova corporación solicita que non se tomen medidas contra o Concello polo seu estado económico practicamente catatónico. Aproveitando o cambio de réxime político e a recuperación do imposto de consumos o novo goberno local monárquico pretende paliar a catastrófica situación do distrito a través do repartimento da débeda municipal entre os veciños, tal como está especificado no orzamentos de 1875. De novo os plenos énchense de interminábeis discusións sobre cómo pagar os consumos: cereais sal, viño, sidra, augardente, xabón, vinagre e ”carnes mortas en fresco”. No pleno semella imposible o cobro individual “por lo muy diseminadas que se encuentran las casas , fincas y lugares, lo escabroso que es y los muchos caminos transitables que tiene, por lo que seria imposible evitar los fraudes a no ser que hubiera en cada uno de los lugares del distrito establecida la fuerza armada además de dependencias de la Administración”. De novo serán os comerciantes e industriais os que cobren os consumos aos veciños a cambio dunha cuota para o Concello. Para eso noméase a un comisionado de consumos que será o tamén comerciante Andrés López Pouso.
A mestra Carmen Cabezas solicita un arquivo para gardar os libros da escola. Tamén arranxaranse o tellados da casa consistorial e escolas polo seu mal estado. A execución das obras corre a cargo de Antonio Loureiro baixo da supervisión dos concelleiros Tomas Rico e Andrés López “como peritos inteligentes en la materia”
En agosto de 1876 o alcalde ponse enfermo, sendo substituído provisoriamente polo 1º tenente de alcalde Juan Couce. O alcalde substituto a comezos de marzo de 1877 será José Díaz Aneiros .

  • Vicente González Rodríguez, alcalde

  • Sinaturas equipo de Vicente González

load

Documentos:

Orzamento municipal 1875-1876

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Lamas, Alcaldes de San Sadurniño, xente, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: