Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

Viaxe inaugural da liña de ferrocarril Ferrol-Xixón

Silvalonga, San Sadurniño, 1972

Despois de 76 anos de retraso dende a aprobación do proxecto inicial, o tren atravesou por vez primeira o val de San Sadurniño o 29 de xaneiro de 1962 procedente de Ponte Mera. Mais aínda faltarán dez anos para que os ferroláns poidan viaxar en ferrocarril ata Gijón o 7 de setembro de 1972. Entre os viaxeiros que non quixeron perderse a posta en servizo do tren da costa estaba o cronista Ricardo Nores Castro. Tamén podes ver a reportaxe do NO-DO coa inauguración do tramo a cargo de Francisco Franco. Otilia Couce lémbranos aquel fito histórico para as terras e xentes de San Sadurniño .

  • Viaxe inaugural da liña de ferrocarril Ferrol-Xixón

  • Entrevista a dous pasaxeiros da viaxe inaugural

load

Documentos:

Inauguración da liña Ferrol Gijón (1972)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), tecnoloxía, tren, xente

Autor/a: Otilia Couce Villar

Compartir en: