Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

Unha persoa, un obxecto

Ferreira, Igrexafeira e Naraio, 2026

10ª Chanfaina Lab (19). Estrea: 29 de maio do 2026
Director:Iago Lourido
Duración: 4' 52"
Sinopse: Testemuñas de varias persoas coñecidas do concello de San Sadurnino que foron preguntadas polo seu obxecto con mais valor. Non valor économico, non material, senón ese "algo" que gardase os seus máis preciados recordos.
Reparto: Carmen Bouza, Cruz Piñón, Abel Veiga
Música: Horizon-Ziv Mora, Time to go-Ziv Mora
Gravado nas parroquias de Ferreira, Igrexafeira e Naraio dentro do programa da 10ª Chanfainalab.

Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab



IAGO LOURIDO (Ferrol, 2004) trasladouse coa súa familia a Naraío aos tres anos; é o lugar do que realmente se sente veciño e pensa seguir chamando “casa” toda a súa vida. Estudou no CPI San Sadurniño ata os dezaseis anos, aí formou o seu grupo de amigos cos que manterá contacto permanente coma Pablo ou Catalina, e tamén personaxes moi presentes coma Joám. Daquel tempo -durante a ESO- son as primeiras participacións na Chanfaina lab coma "The Sansa stomp" (2019) e "Cando ruxe o formigueiro 2.0" (2020). Ao rematar a ESO estudou o Bacharelato de Artes no IES Concepción Arenal de volta a Ferrol, onde confirmou que definitivamente, non era o seu lugar, e simplemente estaba de paso. Despois matriculouse no Ciclo Superior de Fotografía na EASD Mestre Mateo de Compostela, onde o mundo real o fixo medrar a todos os niveis e madurar coma persoa e artista. A día de hoxe ten realizado exposicións en lugares como Dzine, no propio San Sadurniño, ou na Facultade de Filoloxía da USC. A peza que realizou para o VIII Chanfaina lab “Velos na tebra” foi seleccionada no Festival S8, cinema periférico da Coruña en 2024. No 2025 realizou “Solposto” seleccionada en S8 e Cans. Tamén organiza actividades de dinamización cultural e é membro activo do equipo de cociña da Chanfaina Lab desenvolvendo varias accións formativas e xestionando a produción de numerosas pezas. Na actualidade dedícase profesionalmente ao fotoxornalismo. Foi correspondente da DANA acontecida en Valencia e dos incendios forestais en Galicia no verán do 2025.

A idea xurdiu fai tempo pola conxunción de dúas cousas, unha serie de pequenas curtas do director Abbas Kiarostami que trataban sobre as cores, curtas educativas na sua totalidade pero con unha profunda carga estética e unha sensibilidade enorme na fotografía, cousa que, xunto á segunda razón, que foi una conversa co meu avó na que me contaba a historia dunha pequena xarra metálica que él fixera en Alemania fai casi 60 anos cando estivera alí traballando. Todo isto fixome pensar nas increíbles historias que poden ter cada un dos obxectos que vemos día a día, que nos levan acompañando toda unha vida e que non precisan de grandes “efectos” para ter un gran valor. A primeira toma de contacto coa idea de facelo en vídeo foi en Taboada, no certame Cine do Eo ao que fun convidado e no que, xunto con Ledicia Sola, realicei cos veciños da localidade a primeira version de “Unha persoa, un obxecto”, grabando uns únicos tres planos que serviran para presentar a cada persoa, a cada obxecto, e transmitir o valor que tiña para eles. Con esta edición no Chanfaina non só quixen afinar máis a estética e facer unha peza máis redonda, senón que quixen contar as diferentes historias de persoas xa moi coñecidas en San Sadurniño, a través dos seus obxectos.

  • Unha persoa, un obxecto

  • Cartel Unha persoa un obxecto

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, creador@s, Ferreira, Horta de Maruxa, Horta de Cruz, Igrexafeita, Lamas, vídeos

Autor/a: Iago Lourido

Compartir en: