Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Chao de Lamas, Lamas, 1908
Texto da sentenza condenatoria no xuízo celebrado en 1908 pola denuncia do párroco de Lamas, Juan Reigosa Lorenzo, contra o labrego de 71 anos de idade Antonio Sedes, por negárense a pagar a contribución para as “benditas ánimas do Purgatorio”. Así era a vida para os pobres labregos, afogada polas rendas aos Señores e a Igrexa e sen outra saída que a emigración. Nese mesmo ano, os moi relixiosos marqueses de San Sadurniño son recibidos en audiencia privada polo Papa Pío X. Na foto, igrexa de Lamas
2013-09-19 11:54:19
Pero e antiga mente enterabanse os difuntos dentro da igresia, e para enterrar os difuntos, pajabase con produtos da terra,a renta o froíto das terras a mayor parte, era para a nobleza e os cregos,por iso se facia a roza porque o monte era para traballabano, e era para o sostento da casa.Había unhas picañas grandes para arincar o turrón.
2014-04-04 15:39:34
Quen se acorda daquel cura de Lamas que era primo de Carmen Franco que se apellidaba Polo.O nome non me acordo, un dia axudelle a misa e deume 2 pts, (o sacristan estaba enfermo) Acordome da Srª Ramona de Castrillon que era unha que atendia a iglesia,e tamen a suas hirmas Dña.Manolita e Claudina e seo hirma.
Temas: igrexas parroquiais, Lamas, labregos e labregas, conflitos
Autor/a: Manuel González Álvarez
Fotógrafo/a: Carmen Suárez