7ª Chanfaina Lab (17). Estrea: venres, 9 de xuño do 2023
Guión, cámara e dirección: Dani Viqueira
Sinopse: “Un día máis, un día calquera, San Sadurniño esperta para respirar vida e movemento mentres un extraterrestre observa”
Duración: 12' 11"
Gravado nas parroquias de San Sadurniño, Naraío, Monte, Igrexafeita dentro do programa da 7ª Chanfainalab
Dani Viqueira (A Coruña, 1983). Dende cativo medrou enleado polo cinema de terror. "EviIl dead 2", "Tiburón" e "Pesadelo en Elm Street" foron as películas que marcaron a súa vocación polo cinema. De feito, estudou realización na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Comezou na produtora-distribuidora Mr Misto exercendo labores de realización, edición e cámara. Na televisión traballou como editor nas series “Para Mariñeiros Nós” (Vtelevisión) e “Piratas” (Telecinco) en labores de composición. Ten participado en varias curtametraxes e spots de televisión como editor e posprodutor. A súa primeira curtametraxe “Limbo” foi seleccionada en máis de 150 festivais internacionais, nomeada ao Méliès de Ouro á mellor curtametraxe fantástica europea en 2020 e calificada para os premios Goya 2020. A segunda curtametraxe “Penumbra” acadou 75 seleccións oficiais, nominada ao Méliès de Prata.
Dani Viqueira chegou a Sansa sen unha idea exacta do que ía a facer: "O que tiña en mente era deixarme levar ata descubrir o tema desde a propia localización; resultábame un reto a sensación de non ter nin idea do que ía atoparme. De feito, nun principio a incerteza apoderouse de min e quizais andiven perdido un tempo, pero niso consiste este proxecto, en ver onde leva a procura, algo que sentín en todo momento desde o primeiro dia que comecei a percorrer San Sadurniño. Intentei que todo o que gravase fose moi pechado en plano, ía no coche e atopeime dous cabalos pareime un bo intre a gravalos e tocarlles, e alí comezou todo, intuitivamente quería mans, quería ollos, quería manchas, centrar a atención nas pequenas cousas e as accións, que tivesen moito ritmo e movemento. Mostrar o tempo necesario en cada plano sen chegar a cansar ao espectador, amosar como é a vida en Sansa e a súa actividade. Gravei algúns planos en negativo porque nun momento vin moitos cans engaiolados, algo que me doe enormemente; ao final esta mensaxe directa dilúese pero mantívose o efecto dos planos en negativo, a que vai agora representa a mirada dun extraterrestre, unha especie de Ente que observa desde fóra a vida animal e humana en San Sadurniño. E aínda seguimos en proceso onde nos leve esta viaxe de exploración, sen rematar polo de agora.
"Un extraterrestre en San Sadurniño" inda está en brasas, inconclusa, segundo afirma o propio cineasta coruñés: "O resultado final espero telo cara outubro ou novembro. Ao final vai resultar unha peza frenética, moi experimental, mais tentarei sobre todo captar a atención do espectador e se o capto tentar que non se escape como fago sempre cos traballos nos que me meto. Si tivera que achegar algunha referencia do resultado final, a máis directa sería a curta de animación "Loop", gañador do Goya 2023". Así pois, esta é unha peza "aperitivo" sobre a vida en Sansa dende o punto de vista dun cineasta "alleo", como un extraterrestre segundo ironiza o propio autor. Polo momento desfrutemos deste work in progress coas vivencias e a mirada de Dani naqueles días de setembro, mentres non estreamos a peza definitiva dentro duns meses, ao comezo da VIII edición.
Fotografias Cesar Galdo
"Un extraterrestre en San Sadurniño"
Dani Viqueira na recepción da VII Chanfaina
Dani Viqueira na exposición "20 anos do bosque animado"
Dani Viqueira na visita á Deusa Navia
Dani Viqueira na foto oficial da VII Chanfaina Lab
Dani Viqueira na "Eira de cineastas"
Dani Viqueira na rodaxe
Dani Viqueira con Fran da Lobeira
Dani Viqueira co resto de cineastas na VII Chanfaina Lab
Dani Viqueira o último día da Chanfaina
Dani Viqueira na gala da VII Chanfaina en febreiro
Dani Viqueira e Toño Chouza na estrea das curtas da VII Chanfaina Lab
Dani Viqueira recolle a "Lola Chanfainera"
Dani Viqueira presenta a curta na gala da VII Chanfaina
As "Lolas chanfaineras" agasallo da VII Chanfaina Lab
Araceli Bellas e Paco Lodeiro conducen a gala da VII Chafaina en febreiro
Dani Viqueira na foto de familia na gala do VII Chanfaina Lab
Dani Viqueira presenta a curta "Un extraterrestre en San Sadurniño"