Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

Un agasallo da Marquesa

Seara, Ferreira, 1925

No verán de 1925 semella que a inestabilidade político-social afrouxa. A ditadura de Primo de Rivera acada cotas de máxima popularidade grazas en parte ao inminente remate do pesadelo da Guerra de África. A economía española xa vai ao rebumbio da recuperación económica mundial: aqueles “locos años veinte” que precederon ao crack de 1929. Os negocios volven a agromar, o diñeiro flúe, as folgas diminúen e os propietarios traquilízanse. De feito Natividad Quindós venderá as súas posesións en Meirás e decide mercar un flamante Panhard matrícula 16.782 no verán.Tamén súbelle a renda aos seus caseiros e colonos (ver Imaxes relacionadas). Ademais todos os partidos políticos están prohibidos agás Unión Patriótica –o partido do ditador- que está a implantarse por todo o pais, tamén en San Sadurniño.
E algo deste clima de “retorno á normalidade” chega ata o Pazo: A duquesa e a súa cuñada, a marquesa de Almaguer, veñen a comezos de xullo e deseguida retornan as rutinas do veraneo con visitas sobranceiras: Mercedes, a filla dos señores de Fontao, os Señores Franco de Villalobos, o Conde de Limpias cos seus fillos, as señoritas Loigorry, a viúva de Cabanillas, os señores de Aspe, o Comandante do Arsenal de Ferrol Antonio Rogi de Echenique e a súa filla María son alguns “notábeis” que pasan días de lecer exclusivos na “vila da tranquilidade”. Na portada do xornal “Ideal gallego” publícanse varias fotografías da refinada “residencia señorial” dos Duques da Conquista.
Porén o feito mais ilustrativo de 1925 atoparémolo na parroquia con maior tasa de emigración do concello: Ferreira. O xoves 8 de outubro de 1925, coa participación dos nenos e profesores, celebrouse o acto de entrega dun solar para que os emigrantes constrúan alí a ansiada escola da Seara, que tras moitos sacrificios inaugurarán en 1931. O ton da crónica xornalística de "El Ideal gallego" evoca doadamente o espírito dese tempo: Tras dunha recepción entusiasta á "benefactora", agroman os eloxios vibrantes á Marquesa que doa xenerosamente o solar –é a propietaria de gran parte das terras do actual concello-. Na misa, a arenga patriótica do cura Daniel Porto céntrase na a “necesidad de la educación cristiana para formar hijos para la Patria”. No actoparticipou tamén o alcalde notempo ditadura de Primo de Rivera, Avelino López Sisto e o veterano mestre do concello Arsenio Barreiro. En documentos podes descargar unha crónica moi completa publicada polo xornal "El correo gallego".

Tras da colocación da primeira pedra rematará o acto cunha espléndida merenda por invitación da marquesa, que estaba daquela en San Sebastián, mais tivo que abonala a Sociedade Pro-escolas en Ferreira. Na fotografía, escola da Seara en Ferreira, hoxe sede da Asociación veciñal "O Pico de Ferreira".

  • Un agasallo da Marquesa

  • Crónica da colocación da primeira pedra na escola de Ferreira (Ideal Gallego 10-10-1925)

  • Outra crónica do comezo da escola de Ferreira (La Zarpa, 14-10-25)

  • Subida de rendas á colonos. (El progreso agrícola y pecuario, 30-4-1925)

  • Crónica de "El correo Gallego" 1.11.1925

load

Documentos:

"Una fiesta simpática" en Ferreira. El correo gallego, 1 de novembro de 1925

Comentarios

Máis imaxes

Temas: emigración, escola, Ferreira, nenos e nenas, Pazo da Marquesa, visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: