Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Trazos

San Sadurniño, 2015

2ª Chanfaina'Lab (9). Estrea venres, 15 de abril do 2016
Director: Alberte Branco
Produtora: Ana Pontón.
Formato: 16mm
Cámara e negativo: Ángel Santos
Laboratorio: Cinelab Romania
Montaxe: Eloi Enciso.
Posprodución de son: Miguel Barbosa.
Postrodución e cor: Fernando Alfonsín.
Coa participación de Olegario Carballo, Abel Vega, Fina Casal, Helena Beceiro, Lorena Bouza, Regina Cinza, Carlos Cobelo e Oscar Fernández.
Sinopse: "Trazos é un filme de indagación. Explorar o territorio na procura da identidade. Un diálogo no que agroman a terra e as emocións".
Duración: 9'10”
Filmada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 nas sete parroquias de San Sadurniño dentro do programa da Chanfainalab

O fenés Alberte Branco é un dos mais relevantes directores de fotografía do cinema galego contemporáneo. Dende a súa especialización en imaxe na "Escola de Imaxe e Son" de Coruña, Alberte non deixou de medrar como profesional e como persoa. Utiliza a cámara como ferramenta para reinterpretar a realidade "a través do encadre, o movemento, o espazo, o tempo, a luz e as texturas". Mais tamén é xeneroso dabondo para comprometerse e promover calquera iniciativa a prol do audiovisual do país. Podemos admirar os ronseis do seu talento e oficio en filmes indispensábeis do cinema galego contemporáneo como Encallados (2013), Las altas presiones (2014) ou A viaxe dos Chévere (2015). Para a Chanfainalab é un orgullo que "Trazos" sexa a súa primeira curtametraxe como director, na que ademais colabora un equipo de luxo.

Como apaixoado da fotografía, Alberte sempre amosou unha teima especial polo retrato humano: “Unha faciana é unha paisaxe humana que reflicte dalgún xeito o espazo vital do retratado. Cando cheguei a San Sadurniño tentei topar caras que me puideran conducir a outros espazos xeográficos vencellados emocionalmente ou que foran significativos para o fotografado. Dise xeito intento relacionar a paisaxe persoal coa paisaxe xeográfica na que habitan veciños e veciñas na procura dunha simbiose integral de caras e paisaxes. Penso que a mirada etnográfica tamén está presente no filme, sendo moi respectuoso coas xentes e terras de San sadurniño".

Así pois, Alberte condúcenos na procura da autenticidade do mundo rural a través de pequenas pinceladas de imaxes e sons ao xeito impresionista, a base de "trazos", como si fora "o caderno de viaxe dun antropólogo, cheo de notas e tachaduras/trazos na procura de algo que non remata por atopar". A utilización do soporte fílmico de 16 mm reforza a intención experimental do cineasta de amosar as texturas, mais tamén as costuras do soporte cinematográfico para conformar un fresco orixinal das xentes e o territorio de San Sadurniño. Os oito veciños e veciñas que aparecen en "Trazos" representan non só a paisaxe humana dun pequeno concello rural ao norte de Galicia, mais tamén unha identidade de valor universal, un puzle visual e sonoro que persegue descubrir o marabilloso universo propio que temos diante dos ollos e que moitas veces non somos quén de valorar.

  • Trazos

  • Alberte Branco

  • Alberte e Abel Vega na Chafainalab

  • Alberte e Ana na presentación da II Chanfaina Lab

  • Ana na Chanfainalab

  • Alberte no xantar da Chanfaina

  • Craig Patterson, Giselle Llanio e Ana Pontón no xantar da Chanfaina lab

  • Olegario Carballo en "Trazos"

  • Abel Vega en "Trazos"

  • Fina Casal en "Trazos"

  • Helena Beceiro en Trazos"

  • Oscar Fernández en "Trazos"

  • Regina Cinza en "Trazos"

  • Carlos Covelo en "Trazos"

  • Lorena Bouza en "Trazos"

  • Carlos Cobelo e Alberte

  • Abel Vega e Alberte filmando "Trazos"

  • Regina Cinza na filmación de "Trazos"

  • Abel Vega ollando a través da cámara de Alberte

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes, xente, Bardaos, Lamas, Naraío, Igrexafeita, Santa Mariña do Monte, Ferreira

Autor/a: Alberte Branco

Vídeos:
"Encallados"
A Viaxe dos Chévere"
'Las altas presiones'

Compartir en: