Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Spoiler chanfaineiro"

San Sadurniño, 2023

7ª Chanfaina Lab (1). Estrea: venres 17 de febreiro do 2023
Guión, dirección e montaxe: Fran da Lobeira, (e un clip a cargo de Celia Parra)
Banda sonora: "God Rest Ye Merry Gentlmen" de DJWilliams (mediateca de audio de YouTube)
Sinopse:"Emulando ao mestre Gabriel Tizón, mais dándolle un xiro de porca, gravando vídeo en troques de só imaxe fixa, salvando moito as diferenzas dun grande coma Gabriel, e a golpe dun “de que vai a túa peza?” Fran da Lobeira amósanos o que pretendían gravar aló por setembro as nosas chanfaineiras e chanfaineiros, e nalgún caso mesmo o que non puido ser."
Duración: 8´8"
Gravado ao longo das parroquias de San Sadurniño, Ferreira e Monte, no Concello de San Sadurniño, co gallo da 7ª Chanfainalab.



Fran da Lobeira é un tipo ecléctico, guitarrista, debuxante e “comiuniti mángaller” amador, gravador e montador de vídeo vocacional, youtubeiro e twitcheiro paixonal e militar de profesión, un auténtico home-orquestra.
Fascinado por viaxar, ingresou na Armada no ano 1996, e nos case 27 anos que leva navegando e viaxando, xa cumpriu o soño que tiña cando era novo de visitar Australia. No 2008 casou e foi vivir ao lugar da Lobeira, na parroquia de Santa Mariña do Monte. Alí no 2011 comezou a escrita dun blog persoal de referencia “Vivo na Lobeira”, (hoxe case abandonado).Tras máis de 2.000 días de mar e ter visitado máis de 100 cidades e 50 países, estando incluso tres anos a vivir en Brunssum, onde por mor da morriña rexentou a “Embaixada da Lobeira nos Países Baixos” creando no 2017 o emporio multiplataforma que é hoxe “A Lobeira today”.
Actualmente pasa as semanas a cabalo entre o seu traballo de oficinista no Estado Mayor da Defensa, os directos en RRSS en Madrid e a quietude, sen apenas cobertura móbil, do seu fogar no lugar da Lobeira en San Sadurniño. Co tempo manifestou gusto e curiosidade polo cinema, boa proba da súa teima cinéfila foron as pezas realizadas nas anteriores Chanfainalab: "Quixera" (2015), "Sentimentos" (2016) , "O inxerto, a bicicleta e o helicóptero" (2017), “Fíxose a luz” (2018) e “Trae” (2019) na que a súa cadela Lina é a protagonista; Actualmente desenvolve o programa “Cinema Lobeira” no que xunto a colaboradoras da canle e doutros eidos, todas tamén amadoras do cinema, tanto se analizan as grandes galas de cinema nacionais e internacionais, coma se entrevista a persoas relacionadas co cinema coma persoal de dirección, guión ou similares.
Tras ter sido dos primeiros Instagramers en crear un vídeodiario en galego, o cal mantivo máis dun ano, e tras crear a lista das 50 do YouTube, na que deu e da visibilidade a máis de 240 canles na nosa lingua cada ano, Fran ven de ser o primeiro streamer en lingua galega en transmitir máis de 1 día sen pausas (total de 25 horas e 19 minutos) na rede social Twitch. Na súa, hoxe xa consolidada, mini-produtora multiplataforma “A Lobeira Today” podemos seguir de preto tanto a súa incesante actividade como a das moitas persoas colaboradoras coas que conta a día de hoxe, moi gabada en diferentes medios de comunicación e recentemente gañadora do Premio Rede do certame Youtubeiras. Recentemente ven de ser nomeado tamén Presidente da recentemente creada Asociación Cultural “Obradoiro Dixital Galego” que aglutina ás comunidades de podgalego, twitch en galego e YouTube en galego con máis de 770 propostas na nosa lingua, replicando o seu contido con bots en diferentes redes sociais.

Con motivo de xestionar as redes sociais da presente Chanfainalab, Fran veuse obrigado a adiar a idea que tiña en mente para a súa peza desta edición, polo que, lembrando o que lle molaban as miradas persoais do fotógrafo Gabriel Tizón en pasadas edicións, decidiuse por elaborar un “making-off” do Chanfaina Lab, ao xeito que fixera con "Así se fixo TRAE!" no 2019. Co seu móbil na man, visitou a todos e todas as cineastas que se deixaron ver ou que o chamaron para seren gravadas, baixo a pregunta “de que vai a túa peza?”. Así foi como conseguiu rexistrar a idea inicial de 13 das 22 participantes, e mesmo o cambio posterior dalgunha delas que o contactou a posteriori. Non deixou de facer un guiño á que ata o de agora foi a súa peza máis querida, TRAE!, retratando nos segundos iniciais como Lina mexa, pasado o susto de perder a súa pelota, e marcha tranquilamente, dando pé ao catálogo de espoilers chanfaineiros

Desta volta, Fran participou nos obradoiros de Fran X. Rodríguez sobre montaxe e David Machado sobre edición de son, axudou no que puido ao resto dos participantes e colaborou na edición das pezas de Cruz Piñón, Consuelo Picos, Carmen Bouza e Carmen Couce e mais nalgúns arranxos de montaxe de última hora na curta de Abel Vega: " Non é en absoluto a peza que tiña na cabeza, pois gustaríame ter gravado as ideas iniciais de todas as participantes, así como moitos máis planos recurso dos que dispuña para a montaxe, mais o resultado final de "Espoiler chanfaineiro" paréceme resultón e unha aceptable intro desta VII edición do mellor certame de cinema xamais creado, que podería encadrarse no xénero xornalístico amador sen ningún lugar a dúbida."
A veciñanza de Monte segue a agardar máis filmes de Fran da Lobeira e na cociña da Chanfainalab sentímonos orgullosos do seu traballo non só pola súa producción incesante, senón tamén polo seu compromiso en participar e crear comunidade.
Fotografías de Cesar Galdo

- EMAIL: chanfainalab@gmail.com
AS NOSAS REDES:
- Twitter
- Instagram
- Facebook

  • "Spoiler chanfaineiro"

  • Fran na recepción da VII Chanfaina Lab

  • Fran na prantación dunha abeleira na Cortiña

  • Na exposición do "Bosque animado" con Manolo Gómez

  • Exposición "20 anos do bosque animado" na galería do Concello de San Sadurniño

  • Fran presentándose na "Eira de cineastas"

  • Foto de familia de chanfaineros e chanfaineras xunto á escultura de Navia

  • Obradoiro de montaxe de Fran X. Rodríguez "corte a corte"

  • Obradoiro de son "Isto non se arranxa na postproducción" con David Machado

  • Fran Bermúdez e Dani Viqueira

  • Paco Lodeiro e Fran no momento previo á gala da estrea das pezas do VII Chanfaina Lab en febreiro

  • O agasallo do VII Chanfaina Lab, as Lolas Chanfaineras das artesás "Lolas da Cascarilla"

  • Fran presenta a sú peza "Spoiler Chanfainero"

  • Público asistente á gala da estrea das películas do VII Chanfaina Lab o 11 de febreiro do 2023

  • Gala do VII Chanfaina Lab presentada por Paco Lodeiro e Araceli Bellas

  • Foto de familia de chanfaineros e chanfaineras na gala do VII Chanfaina Lab

  • Estrea "Spoiler chanfaineiro" 17 febreiro 2023

  • Estrea 17/02/2023

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, visitantes, vídeos, Forgoselo

Autor/a: Fran Bermúdez

Compartir en: