Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Síntese"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (6). Estrea venres 22 de marzo do 2019.
Directora: Ángela Arnosa
Actor: Kevin Lorenzo
Sinopse:"Síntese é unha peza experimental cuxo fío condutor son as sombras. Unha sombra á mesa protagoniza un suceso que transcorre de xeito lineal e que se ve entrecortado por diferentes accións."
Duración: 2' 43''
Gravada en Dzine do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Ángela Arnosa (Naraío, 1996) rematou o Grao en Química na Universidade da Coruña. Actualmente estuda o Mestrado de "Investigación química" na UDC. De sempre amosou unha gran teima pola divulgación científica. Mais Ángela participou tamén activamente como espectadora e animadora de obras do audiovisual galego durante os últimos anos. Nomeadamente no mundo da interpretación, desenvolvendo pequenos papeis en curtas e series web como Antolepsia, en filmes producidos no marco da Chanfaina como "Sibila" de Carla Andrade ou "Breixo" de Kevin Lorenzo&Javier Seoane. Todas eses inquedanzas culturais e artísticas foron o detonante de que nesta ocasión Ángela se puxera doutro lado da cámara e debutar, ao fin, como cineasta con voz propia.

Tras das experiencias na Chanfainalab de edicións anteriores, Ángela Arnosa decidiu arriscarse á hora de realizar a súa primeira peza: "A miña participación na Chanfaina nace como unha oportunidade para probar a realizar unha curta desde cero. Tiven a ocasión de enfrontarme por vez primeira a todo o proceso de creación: a pensar na composición dos planos, á gravación e á montaxe de cada unha das escenas tratando de conseguir un resultado satisfactorio.Tras ocorrérseme a idea de gravar con sombras, decidín construír a escena da sombra á mesa como recreación dunha viñeta do ilustrador ruso Gudim Anton . Nas obras deste artista confúndense continuamente os papeis que corresponden á realidade e á representación desa realidade, un pouco o que pode suceder coas sombras e os entes que as orixinan. En todo momento aparecen no plano obxectos ou plantas inmóbiles. O que racha coa calma no conxunto da escena é a sombra producida por unha persoa ou obxecto en movemento. Pódese pensar que o protagonismo recae sobre unha sombra en movemento, que vén sendo unha forma da que só se perciben os contornos. Mais as cores, así como moitos detalles, só se poden observar no decorado, que pode adquirir tanto ou máis protagonismo que a propia sombra. Na curta xoguei cos contrastes no ritmo das escenas. As escenas nas que aparece unha sombra á mesa teñen un ritmo máis pausado ao confrontalas co resto de escenas, na que o ritmo é máis áxil. Nisto non só inflúe a velocidade de movemento das sombras, senón tamén o diferente son".

"Síntese" é pois unha curta que xoga coas aparencias da luz e a representación do real. Ao tempo que se referencia das sombras chinesas como antecedente do cinema, sendo ademais gravada en Dzine, o único espazo relacionado co cinematógrafo da contorna. A teima da directora pola ciencia tamén está no substrato da peza, neste caso a través das sombras chinesas que nos conecta cun xénero narrativo precursor do propio cinema. " "Síntese" é un nome que apareceu de casualidade. Durante a montaxe, precisaba un texto que poñer ao principio da curta, onde iría o título. Uns compañeiros que estaban a falar ao meu carón pronunciaron esa palabra e coloqueina como provisional. Pero quedou. Quedou porque ao pensalo, a palabra síntese recolle a esencia da peza. Unha síntese defínese na química como a elaboración dun composto a partir de elementos constituíntes ou dun composto simple. Deste xeito, o motivo da orixe desta curta foi a súa elaboración a partir das diferentes escenas e elementos que a compoñen. Por outra, unha síntese tamén se interpreta como un resumo, como un compendio das situacións máis destacadas definidas, neste caso, polas sombras." Resulta estimulante que a primeira incursión da cineasta de Naraío explore polos camiños dun cinema reflexivo, cargado de connotación e sentido, o que nos permite intuír o nacemento dunha mirada persoal da que agardamos novas e sorprendentes entregas en futuras edicións da Chanfainalab...
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Síntese"

  • Angela Arnosa no Chanfaina lab

  • Kevin Lorenzo documentandose

  • Angela Arnosa chanfaineira

  • Angela Arnosa na foto oficial

  • Angela, Kevin Lorenzo e Javier Seoane na "Eira de cineastas"

  • Elenco de Breixo, onde Angela é protagonista

  • Angela Kevin e Javier

  • Chegando á estrea da Chanfainalab

  • Angela entre Rubén, Bieito e Abel

  • Na presentación de "Síntese"

  • Imaxe de "Síntese"

load

Comentarios

Antonio

2019-03-23 22:24:59

Hola cielo, vimos o curto Angeles mais eu, parecenos que nesa cabeciña asoma unha frescura e unha nova vision, que ten moito recorrido. Dalle, tes moitos motivos para crer en ti.

Máis imaxes

Temas: vídeos, creador@s, cinema, Naraío, Chanfaina'Lab

Autor/a: Angela Arnosa

Compartir en: