Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Cadavás, Ferreira, 2000
En moitos documentos da Idade Media reflíctese a abundancia de pomares e consumo de sidra entre os habitantes do Val de San Sadurniño pola dificultade da vinicultura no val do Xuvia. A sidra xa era a bebida mais popular dende a idade do ferro. Ista anterga tradición foi continuada en Ferreira pola familia de Vicente García Luaces dende tempo inmemorial. Mais dende o ano 2000, Vicente está particularmente empeñado en fabricar un tipo de sidra natural a partires das mazás rogelias, de ollo mouro e demais variedades autóctonas da zona ao xeito artesanal, como explica ao detalle no audio adxunto. Ademais de sidra, produce vinagre e augardente de mazá. A magnífica acollida ao seu ouro líquido: «Sidra Vicente, a que lle gusta á xente», estalo a converter nun referente de excelencia para os amantes desta bebida de deuses. Así que recorda: "Si a Ferreira vas, pasa por Cadavás e unha botella de sidra nas mans levarás"...
Si queres coñecer máis aspectos da vida de Vicente podes ver aquí outra historia sobre a vida cotián deste xubilado agora "labrego" e profundamente optimista, empeñado en vivir intensamente en harmonía coa natureza
Temas: empresas agrogandeiras, emprendedor@s, Ferreira, traballos, gastronomías
Autor/a: Vicente García Luaces
Vídeos:
Vicente, o xubilado feliz