Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

"Sempre Xonxa" en San Sadurniño

San Sadurniño, 1990

A cita foi o venres 7 de setembro de 1990, pola noitiña, para ver o filme clásico do cinema galego "Sempre Xonxa" na recén remodelada Praza do Concello. Tamén a presentación foi de luxo, coa presenza do actor ferrolán Roberto Casteleiro, recentemente falecido, quen defendeu "as proxeccións de cine ao aire libre e os filmes rodados en galego". Moita xente non puido sentarse pola gran afluencia de público "que salió muy contento de verla", como sinala a crónica da Voz de Galicia. O filme de Chano Piñeiro retornará á San Sadurniño o 14 de maio de 1996 no antigo Cinema Avenida como parte dun programa da Semana das Letras Galegas" organizada pola Asociación Bidueiro, a APA do CPI e o Concello. O filme de Chano Piñeiro volverá a proxectarse o 10 de maio do ano 2000, desta vez na Casa de Cultura como parte da programación da Semana das letras galegas.

  • "Sempre Xonxa" en San Sadurniño

  • "Sempre Xonxa" en Sansa.LVG 9.9.1990

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, San Sadurniño (Concello), lecer

Compartir en: