Igrexafeita, 2026
10ª Chanfaina Lab (16). Estrea: 15 de maio do 2026
Director: Anxo Pena
Duración: 3'
Sinopse: Maruxa Mallo dicíanos: O meu maior capital é a soidade, porque muda todo. Na soidade estou en comunicación coa vía láctea, coa astroloxía, coa astronomía, coa ciencia, coa arte, co todo. É un capital e eu creo que o home mídese pola soidade que aguanta.
Partindo da miña experiencia, a soidade faiche ver a vida dende as crenzas. Como di o meu corto, *Cento(s) de cabalos corren*. Bueno, dous burros e un par de vellas. Fainos debilitarnos tanto na vellez como cando un se sente fráxil, incomprendido ou diferente. Como quen vive pero non é lembrado: unha inxustiza.
Seguindo co poema, vivir nunha negra sombra, nunha guerra que non fecha. Escoitar os cabalos e non velos, pensar que somos ceibes, pero vivir acougados polo vento. Pese a que a miña curta diga ser unha metáfora da vellez e da soidade, é unha oda á liberdade en todas as súas formas. É ao duro, á loita que trae consigo conseguila. Así que para todas as persoas que se sinten incomprendidas, soas ou presas na sociedade e no seu propio pensamento, adícolles esta breve curta sacada do rural e do runrún das teclas da nosa cabeza. dicíanos:
O meu maior capital é a soidade, porque muda todo. Na soidade estou en comunicación coa vía láctea, coa astroloxía, coa astronomía, coa ciencia, coa arte, co todo. É un capital e eu creo que o home mídese pola soidade que aguanta.
Partindo da miña experiencia, a soidade faiche ver a vida dende as crenzas. Como di a miña curta, *Cento(s) de cabalos corren*. Bueno, dous burros e un pardo vellas. Fainos debilitarnos tanto na vellez como cando un se sente fráxil, incomprendido ou diferente. Como quen vive pero non é lembrado: unha inxustiza. Seguindo co poema, vivir nunha negra sombra, nunha guerra que non fecha. Escoitar os cabalos enombelos, pensar que somos teibes, pero vivir acougados polo vento. Pese a que a miña curta diga ser unha metáfora da vellez e da soidade, é unha oda á liberdade en todas as súas formas. É ao duro, á loita que trae consigo conseguila.
Equipo artístico: Maria Andrea(Maruja)
Gravado na parroquia de Igrexafeita dentro do programa da 10ª Chanfainalab
Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab
ANXO PENA (Igrexafeita-San Sadurniño, 2008) é un inquedo estudante de bacharelato que sempre viviu na parroquia de Igrexafeita. As súas afeccións son escribir, debuxar e todo o que teña que ver coa creación, mais sempre vencellada á vida na contorna rural. No 2025 foi a primeira vez que participou no Chanfaina lab coa estimable peza "Vella e soa".
Inspirado en artistas como Rosalia de Castro ou Maruja Mallo. Dedicado para todas as persoas que se sinten incomprendidas, soas ou presas na sociedade e no seu propio pensamento, adícolles esta breve curta sacada do rural e do runrún das teclas da nosa cabeza.
Temas: poesía, Chanfaina'Lab, conflitos, creador@s, Igrexafeita, labregos e labregas, muller, vídeos
Autor/a: Anxo Pena