Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 2015
Chanfaina'Lab (5) Estrea venres, 20 de febreiro do 2015
Título: SANSa SOLEIL
Director: Otto Roca
Duración: 7'.
Sinopse: O rexistro do sol de outono en diversas localizacións de San Sadurniño empregando unha técnica chamada solarigrafía.
Gravado no Eirexado, Naraío, Ferreira, Lamas, Forgoselo e Punta Frouxeira (Valdoviño) no outono de 2014 dentro do programa do Chanfaina' Lab. Seleccionada no Festival Lupadoc en San Sebastián (2-5 de abril) e no S8, Mostra de cinema periférico de Coruña na Sección Sinais. Programa TVG "Zigzag". A peza estará dispoñible ao remate da rolda de festivais nos que participa.
Otto Roca é un fotógrafo e cineasta que acadou grande repercusión crítica coa longametraxe documental Piedad. O filme de Otto para a Chanfaina'lab foi construído a base de solarigrafías de longa exposición que rexistran a pegada do sol sobre da paisaxe. Para obtelas colocou 12 cámaras estenopeicas -latas de cervexa- cargadas con papel fotosensible por diferentes parroquias de San Sadurniño. Tamén gravou os fumes nocturnos da factoría Intasa ou as néboas de Naraío. O resultado son imaxes nas que a natureza estase a contemplar a si mesma, fóra dos límites da vista convencional, unha sorte de visión que nos achega ao que miran as rochas ou as árbores dende dentro da propia paisaxe. "SANSa SOLEIL" nos convida a unha experiencia sensorial sobre a nosa relación coa luz, o espazo e o tempo. Todo o que temos diante dos ollos, mais na meirande parte das veces non somos capaces de ver.
Artigo da web do Concello
Temas: Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes
Autor/a: Otto Roca
Vídeos:
Alfa i Omega (Proxecto NIMBOS)