Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1928
En 1930 publicouse a “Geografía General del Reino de Galicia” dirixida polo xeógrafo e historiador catalán Francesc Carreras i Candi . O tomo correspondente á Coruña foi redatado por Uxío Carré Aldao, quen rematou a escrita en 1928. O resultado é iste interesante documento que recolle numerosos datos e curiosidades sobre o Concello de Sadurniño e as súas sete parroquias a finais dos anos vinte. Descarga o documento. Na ilustración, o selo do Concello nesa data.
Temas: Bardaos, castelo de Naraio, Convento do Rosario, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte, San Sadurniño (Concello), estatísticas
Autor/a: Manuel González Álvarez