O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
San Sadurniño, 1988
En abril de 1988 un equipo de TVE en Galicia gravou no CPI de San Sadurniño un capítulo do programa “Galicia, de escola a escola”. O programa fainos lembrar cómo era San Sadurniño hai 25 anos e de seguro que será de gran interés para todos os habitantes do concello. Nel aparecen moitas caras coñecidas como os rapaces Diego Calvo- ex-presidente da Deputación de A Coruña-, Manuel Romero, Monica Lago, Cristina Calvo, Noelia e Gustavo Ameneiro, Marisa Castro, Javier Castro entre outros. Mais tamén andan por aí o alcalde daquela, Manuel José Lamas Soto, Ángel Sanjurjo, Ángel Gavín ou o párroco de San Sadurniño Ramón Díaz Raña.
Unha nostálxica viaxe no tempo que debemos agradecer a Emilio Janeiro López, por teren conservado iste fito audiovisual da historia de San Sadurniño. Foi emitido o 10 de novembro de 1988 na TVE Galicia as 14'00 horas.
Temas: Pazo da Marquesa, nenos e nenas, escola, xente, Ferreira, vídeos, Naraío, Convento do Rosario, San Sadurniño (Concello), patrimonios, igrexas parroquiais