Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Reparacións Interdimensionais"

Bardaos , 2019

6ª Chanfaina'Lab (5). Estrea xoves, 19 de marzo do 2020
Realización: Bieito Beceiro
Sinopse: “Unha das lámpadas máis famosas do cine precisa viaxar entre universos para chegar ao seu taller de confianza.”
Duración: 1' 12”
Feito en Bardaos dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Bieito Beceiro (Bardaos, 1999) é un mozo inquedo e activista da parroquia de Bardaos. Actualmente está a rematar o grado na Facultade de Informática en Coruña e xa ten amosado o seu bó facer en diversos vídeos relacionados coa historia local que poden verse en "Fálame de San Sadurniño" como "Celtas en Bardaos?", "Toma de posesión de Bernardino de Andrade", "Bardaos 1752"e "O ano funesto do marqués"; mais tamén participou activamente nas Chanfainalab do 2017 con "Indefinido" e na do 2018 con “A vista de cabalo do demo”. Nos últimos anos está a realizar ademais os "Pregóns do San Pipote" para a popular Festa da súa querida parroquia de Bardaos. Na 5º chanfaina tamén acreditou as súas dotes de actor en "Breixo" de Javier Seoane

Non se pode negar o espírito de experimentación de Bieto pola súa teima por facer algo diferente en cada edición da Chanfainalab despois de botarlle unha man a Ángela Arnosa en "Un ninguén máis". Nesta ocasión apostou pola imaxe de séntese baseándose nun traballo de clase na Universidade: "No primeiro cuadrimestre deste curso (2019-2020) estudei unha materia sobre gráficos e visualización por computadora na que nos ensinaron a usar unha ferramenta de modelado 3D (Blender) para entender como funciona este tipo de software. Tras varias entregas de traballo guiado, para a última práctica, tivemos que escoller nós o tema e compoñer unha peza con todo o aprendido anteriormente. E despois dun longo período de darlle voltas e buscar moitos exemplos por internet, ocorréuseme homenaxear aos filmes da infancia creando a miña versión persoal da introdución de Pixar. Pero isto non era suficiente para cumprir con todos os requisitos da materia, polo que decidín engadir unha segunda parte traendo, con técnicas de camera tracking, o flexo ao meu escritorio. Por último, para adaptalo ao Chanfaina LAB, engadín as dúas escenas finais cos logos do propio certame e do Concello."

En "Reparacións Interdimensionais", Bieito amosa as posibilidades narrativas da imaxe de síntese integrada nun rexistro da imaxe real. "Con esta peza quería intentar introducir outras alternativas menos presentes en edicións anteriores do Chanfaina, pero que igualmente creo que teñen moito potencial. Deste xeito non nos atamos a ver soamente o que é o noso concello, tamén podemos revivir o que foi, predicir o que será, ou, como puidemos ver nesta edición con varias pezas, xogar co que podería ser." Así pois agardamos que esta breve peza sexa o comezo dun camiño creativo que vai sorprendernos nas vindeiras edicións da Chanfainalab. O seu traballo é tecnicamente impecable; treme Pixar, que está a chegar o Bieito de Bardaos....
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Reparacións Interdimensionais"

  • Bieito Beceiro na 6º Chanfainalab

  • Bieito na presentación da 6º Chanfainalab

  • Bieito na "Eira de cineastas" da 6º Chanfainalab

  • Pablo e Bieito

  • Cineastas de Sansa: Cata, Pablo, André e Bieito

  • Bieito na foto oficial da 6º chanfainalab

  • Fotograma (1)

  • Fotograma (2)

  • Fotograma (3)

  • Bieito e @s cineastas da 6º chanfainalab

  • Recollendo a "Lola chanfaneira"da man de Miguel de Lira

  • Bieito na estrea mundial de "Reparacions Interdimensionais"

  • Bieito no fotocall

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, creador@s, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Bieito Beceiro

Vídeos:
“A vista de cabalo do demo”
"Indefinido"

Compartir en: