Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 2015
Chanfaina'Lab (2) Estrea venres, 30 de xaneiro do 2015
Título: Quén gravou en San Sadurniño?
Director: Guillermo Arias-Carbajal Alonso
Duración: 6'30''.
Sinopse: Un cineasta lacazán invitado á Chanfaina'Lab e unha cámara con vida propia e interesada no estilo do "novo cinema galego".
Gravado en San Sadurniño o 6 de setembro do 2014 dentro do programa da Chanfaina' Lab.
Guillermo Arias-Carbajal defínese a si mesmo como "pallaso habitual, cineasta ocasional" e certamente este filme realizado para a Chanfaina'lab, reflicte á perfección a retranca e o humor que destila na súa obra, mais tamén na súa vida. "Quén gravou en San Sadurniño?" remite a outras pezas do autor, instalado nun humor raiano no absurdo que "non se toma en serio nin a si mesmo", como en "Suicidio Lamprea" ou "1984 Untitled Robot Short film". É unha ollada desenfadada, irónica e desmitificadora sobre a Chanfaina, o "novo cinema galego" e por suposto, San Sadurniño.
"Guillermo Arias-Carbajal é o autor dunha curta que tenta reflectir dalgún xeito "a memoria de San Sadurniño". Ou iso é o que asegura na presentación da peza protagonizada por el mesmo. Pero unha cousa é o que di o director e outra o resultado final, que nin sequera se aproxima ao concepto inicial e tira por outro camiño cargado de retranca que delega todo o mérito nunha cámara con vida propia. Un camiño, iso si, que non é froito da improvisación, senón dunha idea preconcibida e ben traballada... aínda que o autor nos queira convencer do contrario... O director e guionista escusa a súa vagancia -falsa, como demostra a propia peza- por non ter feito nada para o proxecto no que participaron outros 20 creadores e creadoras do audiovisual galego. O autor bótalle humor ao asunto e conta a súa experiencia durante os días de rodaxe e o que supuxo para el entrar en contacto coa xente do "Novo cinema galego". E ata aquí podemos contar porque, doutro xeito, estariamos destripando a curta".((Da web do Concello).
Temas: Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (Concello), visitantes, vídeos
Autor/a: Guillermo Arias Carbajal Alonso