Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

Prohibido plantar patacas nas hortas de San Sadurniño: a praga da couza guatemalteca

San Sadurniño, 2017

As integrantes de "Teño unha horta en San Sadurniño" están tristes e cabreadas pola praga da couza guatemalteca que afecta ao noso concello, e pola xestión que se está a facer deste gran problema polo goberno central e autonómico.

San Sadurniño é un dos 31 concellos galegos nos que está prohibida a plantación de patacas. Asturias tamén está afectada pola prohibición en varios concejos.

Consuelo, Carmiña, Maruxa e Cruz, fálannos do que pensan, das inquedanzas e cómo sinten esta situación.



Según o DOG do 10 de marzo:

- Prohíbese o cultivo de patacas desde o día 5 de marzo de 2017 en todos os concellos establecidos como zona infestada durante un período mínimo de dous anos e ata que se declare oficialmente a erradicación da praga.

- Zona infestada pola presenza da praga denominada Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny: a correspondente aos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño, San Sadurniño, A Capela, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña, e os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova, na provincia de Lugo.

- Zona tampón: os terreos comprendidos dentro dunha franxa de 5 quilómetros arredor do límite dos concellos establecidos como zonas infestadas.

- Ao establecer esta franxa, nos concellos das Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño o 95 % da súa superficie queda comprendida dentro da zona tampón, polo que se establece como tal a totalidade da superficie destes concellos.

Nestes terreos aplicaranse as medidas de vixilancia intensiva.

En plantacións

- Todas as plantacións de pataca existentes nas zonas infestadas no momento da entrada en vigor do real decreto serán desenterradas e retiradas baixo control oficial no tempo máis curto posible e o seu destino será o da destrución.

- Todas as patacas cultivadas en campañas anteriores, así como as ventureiras de pataca de anos anteriores, que aparezan durante o período de prohibición do cultivo, serán desenterradas e destruídas segundo o establecido no punto anterior.

- Nas parcelas de cultivo de pataca da campaña anterior realizarase cando menos un tratamento fitosanitario con produtos autorizados no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios do Mapama.

- Continúa lendo o DOG do 10 de marzo de 2017.

- DOG do 14 de marzo de 2017 coa ampliación das medidas urxentes.

Información completa na web do Concello de San Sadurniño

Máis información na web do Concello de San Sadurniño

Tecia_solanivora na wikipedia

  • Prohibido plantar patacas nas hortas de San Sadurniño: a praga da couza guatemalteca

  • Tecia solanivora ou couza guatemalteca

  • Couza guatemalteca da pataca

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, gastronomías, Horta de Maruxa, labregos e labregas, Lamas, muller, traballos, xente, vídeos

Autor/a: Carmen Bouza Muiño

Compartir en: