Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Proba de axilidade"

Naraío, 2015

Chanfaina'Lab (17) Estrea venres, 15 de maio do 2015
Título: Proba de axilidade
Directora: Jaione Camborda
Duración: 4'.
Sinopse: Peza fílmica onde se observa a relación do home e o animal nun contexto de competición. Rodada en celuloide en formato Super 8, a obra invita a disfrutar do matérico, do seu movemento e a sua axilidade.
Gravado en Naraío nos días 6 e 7 de setembro do 2014 dentro do programa da Chanfaina' Lab.Seleccionado na Sección Sinais no S8, Mostra de cinema periférico de Coruña (2015). Festcurtas BH (Brasil)
L´alternativa (Barcelona), Curtocircuito (Santiago de Compostela), Experiments in Cinema Albuquerque (Nuevo Mexico), Festival de videoarte Alt Empurda (Cataluña), Spanish experimental cinema made by women "L'alternativa", Escolma de cine galego en Sarria (Galicia), Cineuropa (Galicia), Cinema e Muller "Mostra"



Jaione Camborda é unha polivalente creadora audiovisual que alterna traballos profesionais como directora artística, (" O Nordés", "Las altas presiones") ou a escrita de guión ("Los Fenomenos") con proxectos máis persoais onde amosa unha desbordante imaxinación e creatividade.
A cineasta veu á Chanfaina'lab coa intención de utilizar o formato fotoquímico do super 8 mm. Escolleu o espazo de actividades de Lobos de Naraío , "porque estou moi interesada nas relacións entre o home e os animais nun contexto de competición." En "Proba de axilidade" esa relación vaise transformado paseniñamente ata se converter case nunha coreografía, onde os movementos de homes e animais mestúranse harmonicamente, na procura de “cómo o xesto na imaxe invoca o que subxace e se despraza”. A peza vai construída con formas e texturas dinámicas que lembran os filmes documentais da vangarda dos anos sesenta. A banda sonora minimalista e orixinal reforza aínda máis a mirada experimental e arriscada de Jaione.
""Proba de axilidade"" é pois unha invitación a sentir esa peculiar simbiose que se produce entre homes e animais cando realizan actividades en común, a disfrutar do seu movemento e axilidade, mais tamén a degustar da textura do "cinema" con mirada propia.

  • "Proba de axilidade"

  • Jaione Camborda

  • Yago Ricoy

  • "Proba de axilidade"

  • Imaxe de Proba de axilidade

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, Chanfaina'Lab, cinema, Naraío, vídeos, visitantes

Autor/a: Jaione Camborda

Vídeos:
Nimbos (2015)

Compartir en: