Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1977
O 15 de xuño de 1977 celebráronse as primeiras eleccións democráticas tras cuarenta anos de ditadura franquista. Votaron o 57'7% dos electores con dereito a voto (2.171); a abstención foi do 42 %.
O resultado oficial das eleccións en San Sadurniño foi o seguinte:
- UCD co 56 % dos votos (1.124 votos).
- Alianza Popular có 18% dos votos (398 votos);
- PSOE có 13 % dos votos (287 votos)
- Partido Socialista Popular có 3 %. (67 votos)
- Partido Comunista español có 2,56%. (56 votos)
- Partido Socialista Galego có 2,13%. (46 votos)
- Alianza Socialista Democrática có 0,7%. (15 votos)
- Democracia Cristiana có 0,65% (14 votos)
- Bloque Nacional Popular Galego co 0,56% (12 votos).
- Outros
A revista "Pumariño" laiábase no seu balance, publicado no número de xuño de 1977, que os emigrantes, mozos e mozas de 21 anos non poideran votar ou que a campaña fose curta e resumía: "parece que a xente quere un cambio, mais sen grandes aventuras". Podes descargar en Documentos o exemplar completo con varias alusións ás eleccións, grazas á edición dixital realizada pola Asociación Cultural "O castelo de Naraío" no ano 2014. Tamén podes descargar o resultado oficial das eleccións 1977 en San Sadurniño.