Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Praza vella, Ferrol, 1900
O 20 de xuño de 1900 o Concello de Ferrol acordou o cambio de nome da antiga "praza vella" de Ferrol por Plaza del Marqués de San Saturnino. "porque ha demostrado siempre el amor a este pueblo y defendió sus intereses siempre que se le presentó ocasión para ello". O Concello agasallaba así a figura de José Mariano Quindós y Tejada, VI Marqués de San Sadurniño, impulsor do Ferrocarril Betanzos- Ferrol e falecido en abril dese mesmo ano.
Un mes despois, o 28 de xuño, "El Correo Gallego" publicaba unha carta de agradecemento da súa filla, Natividad Quindós. Nela expresaba o seu profundo sentimento de agradecemento pola honra que supón o acordo municipal, á par que promete seguir velando polo ben e os intereses da cidade.
Podes ler a súa carta aquí.