Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1753
Divertido e un tanto ousado poema adicado a Josefa Cayetana Pardo, señora de Baltar e III Marquesa de San Sadurniño, escrito por Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777), mais coñecido por "cura de Fruíme". Está acreditada a a súa visita ao convento do Rosario, onde pernoctou unha noite, arredor de 1753, cando estaban a construirse os 12 buques do Apostolado en Ferrol. Como resultado da visita, compuxo o divertido e un tanto ousado poema: “Real de Esteyro. Poema heroyco joco-serio a los doce navíos que se están construyendo de orden de su Real Majestad” dedicado a “Muy Ilustre Señora Doña Josefa Cayetana Pardo, Marquesa de San Saturnino y Señora de Baltar”. Nel fai un longo, versallesco e adulador panexírico da nobre ferrolana coa intención de que fora mecenas da súa obra e pagase a edición do poema:
Mil cosas buenas he visto
en Ferrol; pero en conciencia,
pues a vos no os vi, es mentira
decir que vi cosa buena.
…………………………
De las musas de Galicia
sois la madre en acogerlas
y por eso en vos la mía
busca su madre Gallega
……………………………..
Admitid mis rendimientos
y humilde a vuestros pies queda
quien desea ser criado
vuestro por mar y por tierra.
Obxectivo que non acadou, probablemente porque daquela -no verán do mesmo ano de 1753- a Marquesa estaba de loito, polo falecemento do seu marido e 3º Marqués
Descarga o documento co poema íntegro.
Temas: San Sadurniño (parroquia), Pazo da Marquesa, visitantes, Convento do Rosario, poesía
Autor/a: Manuel González Álvarez