Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Pezas imposibles"

Naraío, 2017

4ª Chanfaina Lab (12). Estrea venres 27 de abril do 2018.
Directoras: Lara e Noa Castro
Colaboración: Cris Casal e Daniel Castro
Sinopse: "Este traballo en nove pezas é un experimento poético sobre a intimidade, no que xogamos cun espazo imposible para explorar os "lugares interiores" de dúas personaxes sen identidade, que se relacionan, moven e actúan de forma ambigua, creando unha especie de danza teatral que pode chegar a afogarte."
Duración: 13' 36''
Gravada nos días 2 e 3 de setembro do 2017 ao carón da Fervenza do Río Castro dentro do programa da 4ª Chanfainalab. Seleccionada no Festival s8 (2018) na sección Sinais.
Entrevista en "A cuarta parede"


As irmás ferrolás Lara e Noa Castro son cineastas moi novas, -19 anos recén cumpridos- mais cunha dilatada traxectoria creadora que comezou con premios literarios cando tiñan nove anos de idade e agromou en diferentes disciplinas artísticas ao longo dos últimos dez anos. O inmenso talento das dúas irmás acadou premios e recoñecementos en numerosos certames literarios, de artes plásticas e tamén audiovisuais. A súa madurez fica patente en pezas relacionadas coa Historia de España mentres estudaban o Bacharelato aos 17 anos como "Escravo", "Belle époque ?" ou "Fernando VII" entre outras. Na Chanfaina do 2017 xa sorprenderon con "O ollo cobizoso" unha ousada curta que poñía en cuestión as regras clásicas da composición mediante o encadre vertical. Estudantes no segundo curso de Belas Artes en Pontevedra, a súa mirada, sempre orixinal, radical e innovadora, asombra a quen as coñece, non só polo seu talento, senón tamén pola súa humildade e calidade humana.

Lara e Noa achegáronse a San Sadurniño por segunda vez dispostas a rachar de novo e sorprendernos con esa mirada propia, única e singular coa que asinan todas as súas creacións. Como xa coñecían o territorio, este ano viñan cunha vaga idea de partida relacionada con espazos de auga e cos traballos que estaban a desenvolver na Universidade. O resultado da súa procura atopárono na máxica fervenza do Río Castro: "O único que tiñamos claro cando empezamos a gravar era a localización: queríamos un escenario acuático, onde as personaxes puidesen flotar, onde non houbese referencias espaciais que as condicionasen. Esta premisa estaba relacionada cunha serie de traballos que estabamos a realizar como proxecto para a facultade, onde abordábamos o tema da identidades e a invención de novos contextos para o corpo". Porén, o acabado formal da curta apareceu como resultado dun pequeno atranco coa cámara: "Ao comezar a gravar tivemos que enganchar a cámara boca abaixo. A rotación automática estaba estragada, así que o resultado da primeira proba foi a inversión da imaxe. Esta casualidade pareceunos moi interesante: o espazo gañaba en ambigüidade, e ver ás dúas protagonistas "patas para arriba" perturbaba ás pautas que rexen os lugares "posibles". Así que decidimos continuar a gravación aproveitando a decisión do azar. "Pezas imposibles" foi o resultado".

"Pezas imposibles" é unha proposta experimental, por veces mesmo desconcertante, na que as cineastas ferroláns volven a ensaiar un punto de vista sorprendente e que segue a esixir a complicidade do espectador. Si o ano pasado nos obrigaban a "remirar" a paisaxe con outros ollos, este ano tamén o fan con eses corpos etéreos, case sen límites físicos, esvaecidos nas augas do río Castro. Lara e Noa exploran novos xeitos de representación do corpo humano sen ningunha referencia coñecida; unha especie de espectáculo de ballet acuático -insólito e de gran beleza plástica -que nos obriga a interrogármonos sobre o que estamos a ver. O único apoio narrativo é unha sutil idea que vertebra cada unha das nove partes nas que se organiza a curta. O consello que nos dan as cineastas é practicamente o mesmo que nos deron na edición pasada: que @s espectador@s tomen a curta coma un experimento e se deixen levar: "Que se introduzan nas imaxes e se mergullen no espazo que se amosa, e xoguen a descubrir o que lles evoca de forma persoal. Que se pregunten qué é e onde se atopa o imposible destas pezas". Noa e Lara -artistas "totais" e de inmenso futuro- seguen a demostrar o moito que poden aportar no devalar do cinema e a cultura galega en anos vindeiros.
Fotografías de Cesar Galdo, Gabriel Tizón e Daniel Castro.

  • "Pezas imposibles"

  • Noa, Cris e Lara na 4º Chanfainalab

  • Noa Castro na 4º chanfainalab

  • Lara, Cris e Carmen Couce

  • Lara e Noa c@s cineastas da 4ª Chanfainalab

  • Cris Casal

  • Lara e Cris

  • lara e noa na eira de cineastas

  • De camiño para a localización

  • Na fervenza do Río Castro

  • O esceario acuático de "Pezas imposibles"

  • Debatendo o plan de gravación

  • Á auga ¡¡¡¡

  • Gravación de "Pezas imposibles" (1)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (2)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (3)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (4)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (5)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (6)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (7)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (8)

  • Gravación de "Pezas imposibles" (9)

  • Fin de gravación de "Pezas imposibles"

  • Saíndo da auga

  • Lara e Noa na foto oficial da 4º Chanfainalab

  • Lara e Noa no xantar da Chafaina en Bardao

  • Lara e Noa no xantar da Chafaina en Lamas

  • Lara e Noa na estrea da 4º Chanfainalab

  • Lara e Noa na gala-estrea da 4º Chanfainalabg

  • Lara e Noa na premiere mundial de "Pezas imposibles"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Naraío, naturezas, ríos, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Lara e Noa Castro Lema

Vídeos:
"Escravo"
"Non queiras"
"O ollo cobizoso"

Compartir en: