Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

"Pepe do Forno"

Os Gaspares, Santa Mariña , 1929

José López Díaz coñecido como "Pepe do Forno" fálanos da súas vivencias nunha entrañable conversa coa súa filla Camila López.
"Pepe do Forno" naceu no ano 1929 en Santa Mariña. O seus pais, José López Fernández e Dolores Díaz, rexentaban unha panadería coñecida como "O Forno de Cibreiro". Foron catro irmáns: Pepe, Marcial, Manolo e Concha.
Pepe foi barbeiro antes de panadeiro, pero cando os irmáns foron marchando fíxose cargo do forno coa súa muller Teresa Couce Couce. Foi concelleiro de obras durante o mandato do alcalde Manuel Lamas Soto e secretario da cooperativa de Santa Mariña.
No ano 1984 deixaron o negocio e alugaron o local a catro irmáns que montaron a Panadería Inxerto. Pepe fala dos seus comezos, da súa vida como panadeiro e do segredo para acadar unha boa masa para a empanada.

  • "Pepe do Forno"

  • José Díaz e a muller Teresa Couce

  • "Pepe do Forno" e a filla Camila diante da panadería en Santa Mariña

  • Camila López na casa de Santa Mariña

  • Pepe na actualidade con 87 anos.

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Camiño Arriba, empresas de servizos, familias, gastronomías, muiño, oficios, Santa Mariña do Monte, traballos, xente

Autor/a: José López Díaz

Compartir en: