Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Agra de abaixo, San Sadurniño, 1841
Alcalde de San Sadurniño (1841)
Pedro Riobó Malde fillo de Juan e Francisca naceu en Lamas. Casou con Josefa Iglesias e tivo seis fillos: Teresa, Manuela, Antonia, Andrés, Francisco e Jose María. Pedro foi proclamado alcalde o 31 de marzo de 1841, substituíndo a José Santamaría. Pedro é o quinto alcalde da historia local e o primeiro que non vive na parroquia de San Sadurniño.
Os seus compañeiros de corporación son José Salas Lago, 1º tt alcalde (SS); Juan Loureiro Fernández (Lamas), Andrés Mera (Ferreira); Francisco Barro, (Igrexafeita); Manuel González (Lamas); Pedro Soto y Malde (Naraío); Andrés Canosa (Bardaos) e Vicente Castrillón (síndico). Tamén noméanse novos alcaldes pedáneos: José Castrillón (Lamas); Pedro Vigo (SS); José Ramón Brandariz (Ferreira); Pedro Couce (Monte); Andrés García (Igrexafeita); Antonio Alvariño (Naraío) e Vicente Rico (Bardaos).
En marzo de 1841, o popular xeneral Espartero fora proclamado "Rexente de España" co apoio dos progresista e dos sectores máis democráticos da sociedade española. A constitución de 1837 e a autonomía municipal teñen garantida a súa permanencia polo de agora. Mais as cativas descoidadas actas destes anos de San Sadurniño apenas facilitan información sobre acontecido baixo a alcaldía de Pedro Riobó. A Corporación "permitirá" ao secretario municipal J. R. Brandariz vivir en Cadavás, na parroquia de Ferreira. Comprométese a ir dous días por semana para atender ó Concello, ao que pode achegarse en calquera momento “porque no hay mas que media legua de distancia“. Porén, esta falta de profesionalidade pasaralle factura cando dous anos despois, o alcalde Pedro Vigo o destitúa fulminantemente.
O Concello segue implementando os novos impostos de contribución urbana por edificios habitábeis e cumpre coa "Ordenanza para el reemplazo del ejército" (1837) convocando aos mozos do sorteo de quintas nos "claustros del Convento de Santo Domingo al rayar el sol bajo la multa de tres ducados para los que no aparezcan”
Pedro Riobó deixa o bastón de mando en xaneiro de 1841 a Domingo Vicente Rivera, mais continuará a representar aos veciños en anos sucesivos como pedáneo de Lamas en 1844 e como síndico en 1852. Falece o 15 de xullo de 1876.