Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Pedro de Andrade e Castro, VI Señor de San Sadurniño

Villafranca del Bierzo, 1612

VI Señor de San Sadurniño (1612-1652)
Pouco sabemos polo de agora de Pedro de Andrade e Castro, quen ao parecer naceu arredor de 1596, fillo de Diego de Andrade Osorio e Castro. Cando morreu o seu pai en 1512, aínda era menor de idade, polo que quedou ao amparo da súa nai Mariana de Arroxo e Valcarcel, que “tuvo y gobernó el mayorazgo muchos años poco más o menos serían diez y ocho” (1530). Dona Mariana vivirá no Pazo de San Sadurniño ata a súa morte en 1643, sendo soterrada na Igrexa do convento do Rosario.
Do seu fillo maior, Pedro, VI Señor de San Sadurniño temos poucas novas biográficas. No documentos da época é cualificado como “capitán” polo que o supoñemos enrolado no exército español durante a interminábel Guerra dos 30 anos baixo do turbulento reinado de Filipe IV. Non debeu ter un grande apego pola casa dos seu devanceiros en San Sadurniño, pois morreu onde seguramente morou boa parte da súa vida, en Vilafranca do Bierzo. De feito, no seu testamento, ordena ser soterrado nesa vila, na capela dos Andrade (antes dos Santos) do convento dos franciscanos arredor de 1652. Tamén delega na súa muller Francisca a xestión dos bens do Señorío.
A tarefa principal de Don Pedro será reconstruír o sistema de rendas do morgado que semellan un tanto deslabazadas tras das mortes case seguidas do IV e V Señores de San Sadurniño. Aparece con frecuencia preiteando con particulares, foreiros ou mosteiros para recuperar o nivel de rendas dos seus devanceiros, reactivar o o Señorío e saca-lo da postración económica na que está. De feito contrata ao procurador Francisco Sánchez quen levará varios preitos de foros e pagos de rendas na Real Cancillería de Valladolid. En 1680 os fillos do procurador reclaman unha débeda porque Don Pedro non pagara os seus honorarios como xurista.
Casa coa nobre señora dona Francisca Pardo de Figueroa -falecida arredor de 1664 en Betanzos- coa que tivo nove fillos; por mor dunha serie de desgrazas familiares encadeadas, catro deles herdarán o depauperado Señorío de San Sadurniño:

1- D. Diego de Andrade, VII Señor de San Sadurniño (1652-1664)
2- Dª Mariana de Andrade.
3.-Dº Josefa de Andrade
4- Dª Catalina de Andrade.
5- D. Bernardino de Andrade, VIII Señor de San Sadurniño (1664-1680).
6- Dª María Pardo de Andrade. Monxa en Belvís.
7- D. José de Andrade, IX Señor de San Sadurniño .(1680-1682)
8- Dª Francisca Ventura de Andrade y Pardo de Figueroa , X Señora de San Sadurniño e 1º Marquesa de San Sadurniño.
9- Dª Anna Antonia de Andrade (1651).
Nalgún documento se fala dun fillo natural -Antonio de Andrade-, que chegou a ser crego de Pantín e soterrado na Capela doa Igrexa de San Sadurniño.

Na Ilustración convento de San Francisco en Vilafranca do Bierzo, onde soterrouse Pedro de Andrade e Castro, VI Señor de San Sadurniño.

  • Pedro de Andrade e Castro, VI Señor de San Sadurniño

  • Testamento de Pedro de Andrade e Castro

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Señores de San Sadurniño, outros lugares, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: