Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Santa Mariña do Monte, 1980
En 1980 editouse un programa das Festas de Santa Mariña do Monte con varios artigos sobre a parroquia. Un deles viña asinado polo crego, compositor e profesor de socioloxía da Universidade de Santiago Bernardo García Cendán, que tamén fundara a asociación "Irimia", a revista "Encrucillada" e durante toda a súa vida foi un destacado dinamizador cultural.
No seu escrito apórtanse datos sociolóxicos sobre a parroquia nesta altura. Chama atención que arredor de 1980 en Santa Mariña viviran moitos mais homes que mulleres (en relación coa media galega). Bernardo García tamén facía unha chamada á modernización das explotacións agrogandeiras para que Santa Mariña tivera futuro.
Agradecemos a xentileza de Ramón Díaz Raña por enviarnos este artigo que podes descargar en Documentos.
Temas: estatísticas, gandeiría, labregos e labregas, Santa Mariña do Monte, visitantes