Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Seara, Ferreira, 1936
Nas festas de Ferreira de xullo de 1936 inaugurouse oficialmente o palco de música da Seara, sendo alcalde o ferreirés Vicente Castro Naveiras. A petición de construcion procede dun veciño de Ferreira, Avelino Vigo Anidos. Uns meses antes talaran uns freixos vellos de arredor da igrexa, Pouco podían imaxinar os veciños e veciñas que festexaron ao San Paio e bailaron alegremente neses días, que xustamente estaba a comezar a Guerra Civil. O palco foi financiado polos veciños e nomeadamente polos emigrantes de Arxentina e Uruguay, sendo o único palco en pé do concello. Foi restaurado en 1996, nos tempos do alcalde Constantino Bedoya. Podes ver a nova en imaxes relacionadas.
2021-03-10 15:05:57
ES UN GRAN IDEA Y UN BUEN TRABAJO QUE REPAREMOS LO QUE OTROS HICIERON. GRACIAS. UN SALUDO