Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

Os recollepelotas do pazo da Marquesa

San Sadurniño, 1930

Manolo Rico, con 90 anos, evoca os seus tempos como "recollepelotas" no campo de tenis do pazo da Marquesa en 1930. O campo debeu construirse arredor de 1902, posiblemente o mais antigo de Galicia. Natividad Quindós era unha gran afeccionada a este deporte. En 1904 Alfonso XIII xogou unha partida de dobles e sen dúbida o tenis será unha das actividades favoritas dos invitados da Marquesa nos veráns aristocráticos de San Sadurniño ata 1931.
Podes descargar unha entrevista publicada no xornal "Pegadas" (abril 2010). Foto: Arquivo municipal de San sadurniño


  • Os recollepelotas do pazo da Marquesa

  • Marquesa e xogadoras de tenis no Pazo (Foto: arquivo municipal de San Sadurniño)

  • Xogadoras (Arquivo Municipal de San Sadurniño)

  • Xogador@s de tenis (Arquivo municipal de San Sadurniño)

  • Xogando ao tenis no Pazo da Marquesa

  • Manolo Rico no 2014

load

Documentos:

Entrevista a Manolo Rico. Xornal "Pegadas". Abril 2010

Comentarios

Consuelo Picos Picos

2013-10-25 21:29:38

¡Manolo de Rico ! jo, pois si que se conserva lúcido, moi boa persoa, e moi bo coversador, ¡ como me gustou escoitalo! tera moitos mais relatos, seguro, noraboa

Máis imaxes

Temas: xente, San Sadurniño (parroquia), nenos e nenas, Pazo da Marquesa, deporte

Autor/a: Manolo Rico López

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: