Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os Dominicos e o III Señor de San Sadurniño

San Sadurniño, 1570

A presenza da Orde dos Dominicos deixará fonda pegada na historia de San Sadurniño. A orde fundada por Domingo de Guzmán -creador do Rosario- será a responsable das obras definitivas do convento, que pasará a denominarse tamén como a súa patrona, a Virxe “do Rosario”, pouco despois de que o Papa Pío V instaurase a súa festividade en conmemoración da Batalla de Lepanto (1571). O edificio conventual adoptará numerosos elementos iconográficos propios dos Dominicos especialmente coas obras realizadas durante o século XVIII. Abonda con mirar ao altar maior da igrexa do mosteiro, ateigado de alusións á Orde dos predicadores: A Virxe do Rosario acompañada por ilustres referenzas da Orde como Santo Tomás, Catalina de Siena, Rosa de Lima, San Jacinto de Gracovia, baixo a presidencia do fundador, Domingo de Guzmán, entre os escudos dos Andrade e Castro. Tamén hai unha referenza aos anteriores "inquilinos" do convento, Francisco de Asís. O lector interesado pode ler aquí a análise do retablo realizada pola historiadora Margarita Sánchez.
Do mesmo xeito, a fermosa fonte do convento é unha moa mostra da influencia da orden dos Dominicos no mosteiro.
Dende a súa fundación en 1508, a xestión do convento resultara errática e complexa, aquí estiveran capeláns, agustinos ou franciscanos nos anos anteriores. Mais será Pedro de Andrade e Bermúdez de Castro, fillo de Juan Freire de Andrade, quen teime por transferir o mosteiro á puxante Orde Dominica e así o fará a partires de 1570.
O III Señor de San Sadurniño debeu seren un home ben peculiar polo seu especial caracter e ao parecer, Pedro de Andrade prefería aos dominicos para xestionar o convento fundado polos seus avós. Por iso botou aos franciscanos de San Sadurniño e mediante documento solemne asinado en Ortigueira o 22 de xaneiro de 1570, concorda unha serie de estipulacións polas que comprometíase a prover fondos (600 ducados), ademais de pedra e madeira, para reedificar o convento en seis anos, con claustro, paneira, refectorio, bodega e dormitorio para os monxes.
A súa vez, os dominicos comprometíanse a instalar en San Sadurniño doce monxes -nunca serán mais de oito- e que o novo convento tivera categoría de Priorato e non vicaría. O Concilio de Trento dictaminara en 1563 "que eran precisos 12 monxes para establecer unha comunidade formada". O contrato estipulaba tamén que houbese unha clase de gramática e latín para “os fillos dos basallos y personas que no tienen posibilidad para enviarlos a estudiar a otra parte mas lejos.”
Mais os conflitos entre os Señores de San Sadurniño e os Dominicos serán constantes -35 pleitos documentados- durante os seguintes 250 anos, ata a súa desaparición tras do Real Decreto de 25 de xullo de 1835, que suprimía os mosteiros e conventos que no tivesen doce individuos profesos.
Podes ler aquí o documento íntegro do acordo entre Pedro de Andrade e os Dominicos publicado por Cesar Vaamonde Lores na Revista da Real Academia Galega en 1909. Tamén podes facer aquí unha visita virtual en 360 grados ao Convento. Na ilustración, retablo maior do Convento do Rosario con numerosas referenzas á Orden dos Dominicos e curiosamente ningunha aos patronímicos do concello: Santa Isabel e San Sadurniño.

  • Os Dominicos e o III Señor de San Sadurniño

  • Virxe do Rosario de San Sadurniño

  • Santa Rosa de Lima

  • Santa Catalina de Siena

  • San Jacinto de Gracovia

  • San Francisco

  • Santo Tomás

  • Santo Domingo entre os escudos dos Andrade e Castro

load

Documentos:

Historia do convento do Rosario
Folleto Convento do Rosario
Análise do retablo da Igrexa do Convento do Rosario por MARGARITA SANCHEZ YAÑEZ

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, igrexas parroquiais, Pazo da Marquesa, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), conflitos

Compartir en: