Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Os aventados. (Ventos do Forgoselo) "

O Forgoselo, 2015

2ª Chanfaina'Lab (18). Estrea venres, 24 de xuño do 2016
Director: Álvaro Gago
Animación: Nick Black
Coa colaboración de Xabier Labandeira e Helena Labandeira
Sinopse: "Un pai e unha filla atravesan a Serra do Forgoselo, onde pastan os cabalos salvaxes e xiran os muíños de vento..."
Duración: 4’ 10’’
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 na Serra do Forgoselo dentro do programa da Chanfainalab.


Aínda que naceu en Vigo onde se graduou en Comunicación Audiovisual, Álvaro Gago sempre foi quen de buscarse a vida fora do país. Trasládase a Chicago, onde estuda teatro durante un ano na North Park University. No 2011, matricúlase no MA Filmmaking ofrecido pola London Film School. Como parte do Máster edita o documental “Skin” e a curtametraxe de ficción “Lipstick”. Ambos filmes acadan varios premios en festivais internacionais de Europa e América do Sur. A súa curtametraxe “Curricán” -gravada na Illa de Arousa- ganou varios festivais ao longo do 2015, entre eles o Festival de Cans.

Mais o cineasta viaxeiro nunca viñera por San Sadurniño: " Non coñecía o Concello de San Sadurniño. Fun so unha vez antes do Chanfaina Lab para facer un recoñecemento rápido. As demais visitas foron todas telemáticas. Abonda unha procura rápida na rede para darse conta de que gran parte das mencións que recibe o Concello teñen que ver coas iniciativas en pro da sostenibilidade que promove: a agricultura ecolóxica, a recollida selectiva de lixo, a aposta pola enerxía solar..etc. Daquela eu estaba lendo a Naomi Klein en 'This Changes Everything", e polo tanto estaba moi sensibilizado co tema. Así pois, quixen explorar ese sentimento de compromiso coa natureza. A nena é o vehículo. Escollín unha nena pequena porque dese xeito podía tocar outro tema fundamental: a educación. A educación, na que tanto mallamos en tempos de crise, é un dos piares fundamentais da vida. A nena escoita ao seu pai, que lle fala co fin de expandir o seu horizonte. O pai non tenta impor nada, mais sí alimentar o seu pensamento, porque o problema ambiental é real e é preciso educármonos nel. Os cabalos son o mecanismo que utiliza o pai para introducir a sensibilidade medioambiental no pensamento da súa filla. Parecíame un vehículo sinxelo e directo. A conexión emocional da filla con estes animais, aproveitaa o pai para sensibilizala noutro tema. Os nenos son os gardiáns da nosa memoria, coa que temos que estar sempre conectados, para que non se produza unha desfeita natural. A terceira personaxe do filme é o vento. O vento ten un arco, unha cadencia. Preséntase nun prólogo no que quer actuar como unha metáfora no resto do filme, desenvólvese durante a conversa pai-filla, durante a cal a súa presenza vai progresivamente en aumento, ata que chega mesmo a obstruír a voz do pai; de feito a última frase do pai non se escoita, porque o vento se rebela contra a presenza humana. Finalmente, o vento retoma protagonismo na última secuencia na que queda só e non se escoita mais que o seu bruar. Xa non queda rastro humano. Xa rematou a rebelión. Escollín o vento, e non o sol ou a auga, porque a Serra do Forgoselo atrapou a miña atención poderosamente e alí o vento é un elemento omnipresente..."

Así pois, o cineasta invítanos a pensar sobre o impacto do ser humano no medio ambiente e non ignorar un grave problema do noso tempo, mais non pretende facer un filme propagandístico, de aí a experimentación e, se cadra, o misterio. É certo que o transfondo é pro-enerxías renovábeis e pro-natureza, mais "non quería limitarme á exposición dunha opinión. O meu obxectivo era abrir a peza ao debate e as interpretacións de cada un. Gústanme as películas que falan comigo pero que tamén me deixan responder." Cunha fermosa animación-sorpresa, en "Os aventados" reclámase atención pola recuperación do equilibrio do home coa natureza, senón queremos que o planeta se rebele contra a posición agresiva que está a desfacer a harmonía natural.

  • "Os aventados. (Ventos do Forgoselo) "

  • O cineasta Álvaro Gago

  • Naomi Klein no Forgoselo

  • Álvaro con Xabier e Helena Labandeira

  • Vento e cabalos no Forgoselo

  • O vento nas árbores

  • Helena Labandeira

  • Cabalos no Forgoselo

  • Gravando son e imaxe no Forgoselo

  • Xabier e Helena pai e filla

  • Os eólicos do Forgoselo

  • Álvaro no xantar da Chanfainalab

  • Bertichi, Carlos Quirós e Álvaro no xantar da Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, animais, máquinas, Naraío, naturezas, visitantes, vídeos, Forgoselo

Autor/a: Álvaro Gago

Vídeos:
"Currican"

Compartir en: