Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
San Sadurniño, 2008
Os Orzamentos Participativos puxéronse en marcha no Concello de San Sadurniño no ano 2008. Foi daquela unha iniciativa pioneira en Galicia de participación e xestión, mediante a cal a veciñanza propón e decide sobre as orientacións dos orzamentos municipais.
Trátase dun espazo de xestión conxunta no que os veciños e veciñas, a través da súa participación activa, comunican, expoñen e deciden as propostas para os presupostos, ao tempo que se forman e informan sobre o proceso, exercendo o control sobre o mesmo. O persoal técnico asesora sobre a viabilidade legal e técnica e os/as representantes políticos electos comprométense a asumir as decisións e executalas.
A través deste espazo de reflexión colectiva, que garante a transparencia do proceso, preténdese conseguir avanzar cara a un desenvolvemento equilibrado, solidario e sustentable do conxunto do territorio e da poboación municipal.
Manuel Varela Mecías, Concelleiro de Cultura, Participación Cidadá e Turismo, fálanos desta iniciativa.
Na imaxe a mesa do orzamento participativo na xuntanza do 1 de decembro de 2014.
Temas: San Sadurniño (Concello), Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte
Autor/a: Manuel Varela Mecías