Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Ourense, 1688
O marquesado de San Sadurniño é un título nobiliario outorgado o 21 de decembro de 1688 polo rei Carlos II a Pedro Álvarez de Reinoso Argiz, Gaioso e Feijoó, Rexedor Perpetuo de Ourense que estaba casado con Francisca Ventura de Andrade e Pardo de Figueroa, X Señora de San Sadurniño.
Durante o reinado de Carlos II outorgáronse 239 marquesados, -a cifra mais alta da historia- chegándose ao "apoxeo do poder nobiliario". O título de marqués acadábase por servizos á Administración, o Exército ou por aportacións de diñeiro á Coroa, habitualmente arruinada polas guerras de finais do século XVII. Iste foi o caso do marquesado de San Sadurniño, ainda que non coñecemos a cantidade pagada por converter o Señorío en Marquesado.
Neste ensaio de José Hervella Vázquez poderemos topar información sobre a historia dos devanceiros de Pedro Álvarez de Reynoso, 1º Marqués de San Sadurniño (1688-1702) e as súas orixes na cidade de Ourense. Foto: Sartego dos pais do Iº Marqués na capela da Asunción ou dos Argiz, na catedral de Ourense.
Temas: Pazo da Marquesa, outros lugares, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Manuel González Álvarez