Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1914
O ano que estourou a sanguenta 1º Guerra mundial, o verán no Pazo foi un dos mais tranquilos da súa curta historia. Os Marqueses chegan máis tarde do habitual (4 de agosto) para relaxarse cos seus ritos estivais: paseos pola fraga, partidas de tenis e oficios relixiosos diarios. Coma sempre, a Condesa de Almaguer, irmá do Duque acompaña o “dolce far niente” do verán aristocrático, mentres os labregos recollen as colleitas das terras dos Señores ou preparan as maletas para emigrar a América.
Só altera a normalidade unha nova visita da popularísima Infanta Isabel o chuvioso 2 de xullo de 1914. Nesta ocasión a infanta ven dende Mondoñedo, Viveiro e Ortigueira en visita oficial a Ferrol. Porén non quedará a durmir no pazo como fixo en 1906, porque os marqueses non están no Pazo. Ainda así, a veciñanza de San Sadurniño rendiralle unha recepción entusiasta e multitudinaria (máis de 2.000 persoas segundo a prensa), con música e bombas de palenque, a presenza do alcalde José Yáñez Peña. A Infanta Isabel quedou conmovida pola recibimento popular e enviaralle un telegrama aos Marqueses dende San San Sadurniño.
Cara a metade do verán, e quizais cun toque de melancolía, a Duquesa Natividad Quindós, celebrou o seu 53 aniversario o 19 de agosto cunha "festa íntima" no Pazo amenizada pola rondalla “Airiños d'a miña terra" de Ferrol. Tamen confirma a súa devoción coa doación de cadros do Sagrado Corazón ás escolas de San Sadurniño.
Na fotografía, Isabel, a chata
Temas: visitantes, San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa, música
Autor/a: Manuel González Álvarez