Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

O teleclube de San Sadurniño

Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 1969

Televisión Española comezou a emitir en 1956, mais a mediados da década de 1960 aínda eran moi escasos os televisores nas casas, nomeadamente nos núcleos rurais. O Ministro de Información e Turismo daquela, Manuel Fraga Iribarne, promoveu a creación de teleclubes por toda España. Aquí podes ver unha breve reportaxe de TVE sobre os teleclubes na España dos sesenta.
Os Teleclubes eran locais de propiedade municipal no que os veciños e veciñas se agrupaban en torno a unha televisión, pagada polo goberno. Tamén aproveitábase o teleclube para xuntanzas da veciñanza e realizar representacións teatrais ou actividades culturais. No 1964 xurdiron os primeiros e calcúlase que arredor de 1970 xa funcionaban en Galicia preto de 900, un deles en Lamas. O párroco de San Sadurniño Francisco Caldas Lara, habilitou os baixos da reitoral do convento do Rosario para o funcionamento do Teleclube. Así foi como naceu unha asociación que vai revitalizar o adormecido San Sadurniño nos derradeiros anos da ditadura franquista, nos que terá algunhas dificultades pola actitude do último alcalde franquista Santiago Secada. Pola súa directiva pasaron xentes como José Luis Sanjurjo Sixto, Antonio Parra Mourelle, Jesús o mestre, Paco de Salvador, Avelino e Regina Cinza, Vitucho ou Ramón Díaz Raña entre outros.
No 1976 o teleclube escribiulle unha sonada e divertida carta de protesta ao ministro de Información e Turismo daquela, Manuel Fraga Iribarne.

Nesta ocasión Regina Cinza evoca a actividade do Teleclube. Na fotografía, a mocidade vendo a posta do sol dende o cruceiro no adro do mosteiro.

  • O teleclube de San Sadurniño

  • A xuventude no local do teleclube

  • Grupo teatral do Teleclub

  • Grupo teatro do Teleclub

  • Cartaz dunha actuación do Grupo de teatro

  • Grupo de baile (Ferrol diario 26-9-1969)

  • "Carta do teleclube de San Sadurniño a Fraga Iribarne"

load

Documentos:

Historia do proxecto de Fogar Parroquial, por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, Convento do Rosario, cruceiros, lecer, teatro, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Regina Cinza Novo

Compartir en: