Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"O soño de Lía"

San Sadurniño, 2023

7ª Chanfaina Lab (5). Estrea: venres 17 de marzo do 2023
Realización: Ary López
Reparto: Briana Balado López
Sinopse: “ É un conto infantil dirixido á xente máis pequena da casa que reflicte unha das realidades que padecen moitas aldeas de Galicia hoxe en día: a falta de nenos e nenas”
Duración: 2'
Foi gravado en interiores, nos xardíns da casa do Concello de San Sadurniño, no paseo fluvial do río Xuvia e no parque da Fraga Máxica dentro do programa da 7ª Chanfainalab



Ary López (San Sadurniño, 1987) é xornalista e técnica en Produción Audiovisual. Comezou facendo prácticas na produtora Filmanova e varias emisoras de radio. No 2013 fundou con outros compañeiros de profesión o medio dixital ferrol360.es. Posteriormente traballou nunha axencia de comunicación en Santiago e na plataforma dixital de "El Progreso". Recentemente comezou un novo labor como redactora nun departamento de comunicación en Vigo. Apaixonada polo mundo da música, estudiou solfexo e percusión, sendo membro da Xove Banda de Narón e das agrupacións folclóricas "Toxos e Froles" (Ferrol) e "Xacarandaina" (A Coruña). Fixo algún cameo televisivo en series e filmes rodados en Galicia e participou nas edicións do ChanfainaLab 2014 e 2015 coas obras Epílogo e E ti de quen vés sendo?.

Para Ary a maternidade representou un fito decisivo na súa traxectoria e condicionante na elección do tema para a súa peza para a Chanfainalab: "Dende que fun nai, a miña relación co mundo cambiou bastante e a miña mirada estase a transformar mesmo na maneira de interpretar o entorno que me rodea. Agora trato de volver percibir a realidade tras os lentes dunha nena e dende unha distancia moi próxima ao chan. A miña fonte de inspiración diaria é Briana, a protagonista da miña nova vida, e tiña claro que quería facer con ela esta curtametraxe. Seu pai colaborou tanto coma min e froito dese traballo en equipo naceu unha sinxela historia que pensa no público infantil e nos seus soños e necesidades básicas: o amor, a atención, o xogo, a amizade… ao tempo que denuncia a situación actual de despoboamento que está a padecer o rural galego.
Durante o proceso de creación, houbo que ter en conta a psicomotricidade da protagonista; había pouco que aprendera a camiñar e iso condicionou a filmación Ademais, gravar cunha nena pequena non é doado, posto que non adoita parar máis de cinco segundos nunha mesma postura. Un exemplo disto último foi que, nas tomas de lectura, tivemos que colocarlle anacos de pan nas páxinas para entretela e que non tivera a tentación de levantarse e correr cara á cámara.

"O soño de Lía" é unha peza que bebe nun xénero que, polo momento, a chanfainalab apenas frecuentou: o cinema infantil, dende a perspectiva persoal e familiar: "Considero que o resultado quedou decentemente ben, tendo en conta a miña escasa experiencia en rodaxe, e os medios técnicos elementais cos que foi producida -unha cámara Canon Eos M50, un móvil e un MacBook- Por outra banda era a primeira vez que dirixía a unha nena pequena nun tempo limitado para gravar e montar. A miña idea era trasladar aos espectadores sentimentos de dozura e melancolía a través da imaxe, a música e a narración. Tras a estrea, recibín varias felicitacións por parte do público, que coincidiu en sinalar a realidade descrita pola curta: a falta de nenos e nenas nas aldeas". Estamos seguras da emoción de Briana cando, pasados uns anos, esta peza forme parte da súa vida.
Fotografías de Cesar Galdo.



  • "O soño de Lía"

  • Ary López na recepción oficial no Concello de San Sadurniño

  • Ary López na visita guiada ao Concello

  • Ary na exposición "20 anos do Bosque Animado"

  • Ary na foto de familia da 7ª Chanfaina Lab

  • Gala da 7ª Chanfaina Lab

  • As "Lolas chanfaineras", agasallo da 7ª Chanfaina Lab

  • Ary López co resto de cineastas na gala

  • Ary presenta a súa peza

  • Ary presenta a peza e recolle a Lola chanfainera

  • Ary na foto de familia na estrea mundial das pezas da 7ª Chanfaina Lab

  • Ary López presentou a curta "O sono de Lía"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, nenos e nenas, paseos, San Sadurniño (parroquia), vídeos

Autor/a: Ary López

Compartir en: