San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
Igrexafeita, 2016
Acompaña a Abel Vega nesta apaixonante viaxe pola beira do río da Pasada da Barra en San Sadurniño. Este regato nace na Serra do Forgoselo ata confluir no río Castro ao carón da Area recreativa do Pozo de Lamas (Igrexafeita). Entre salvaxes fervenzas e abruptos camiños, vivirás unha aventura de "alto risco" e unha experiencia tan real que te sentirás mergullado na mesma auga.
Temas: Igrexafeita, naturezas, paseos, patrimonios, ríos, roteiros, videocartografías, vídeos
Autor/a: Abel Vega Vega