Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1978
O día 6 de decembro de 1978 celebrouse en toda España unha consulta popular para aprobar ou non a Constitución. O resultados do referendum en San Sadurniño foron os seguintes:
Electores: 4.070; Votantes: 1.992;
SI: 1.828; NON: 81; en branco: 71; nulos; 12.
En resumo que a abstención foi do 51%; e votaron SI apenas o 46,2% dos habitantes de San Sadurniño.
A revista "Pumariño" nun artigo titulado: "A Constitución naceu morta" concluía: "a Constitución quedou sen aprobar, pois foron mais os que se quedaron na casa que os que foron a votar. O problema é serio e as causas e consecuencias desto van dar dabondo que falar". Unha situación similar produciríase dous anos despois, no Referendum de Autonomía de 1980. Podes ler o exemplar de "Pumariño" de decembro de 1978 no que se alude varias veces á Constitución. O exemplar pertence á edición dixital realizada pola Asociación Castelo de Naraío.