3ª Chanfaina Lab (4). Estrea venres 10 de marzo do 2017.
Director: Pablo Martínez Romero
Sinopse: "O percorrido diario que realiza Pablo Martínez, estudante de 1º da ESO, para ir dende a súa casa en Outeiro ata o CPI de San Sadurniño."
Cámara: Carlos Martínez Romero
Duración: 3' 15''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 en Outeiro e San Sadurniño dentro do programa da 3ª Chanfainalab.
Pablo Martínez é o participante mais novo da 3º Chanfainalab. Hai pouco que cumpriu os doce anos e estuda 1º da ESO no CPI de San Sadurniño. De sempre, Pablo foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a súa teima verdadeira é a animación. Os seus xéneros favoritos son os filmes de fantasía e ciencia ficción, mais tamén os videoxogos, nomeadamente os que se desenvolven en "mundos abertos". Nestes días anda a aforrar para mercar un par de trebellos que lle permitan facer realidade o seu sono: crear unha canle de Youtube de videogamers que xa ten nome: PJPentakill.
A pesar da súa xuventude, Pablo participou na Chanfainalab sen complexo algún e atravesou o mesmo proceso creativo que @s compañeir@s cineastas mais experimentad@s. "Tiña varias ideas para gravar, mais case todas eran moi complicadas e íanme levar moito tempo. Mesmo pensei en facer unha película de animación, pero cando me puxen a elo dinme conta que me deixaría pouco tempo libre. Ao final me decantei por esta idea, porque podía facela e non me ocuparía tanto tempo. Eu vivo en Outeiro e todos os días vou a pé ata o Cole e pensei que o camiño era unha boa escusa para ensinar o meu pobo. Non é que se ensine "todo" San Sadurniño, pero sí unha parte fundamental. Salgo da miña casa en Outeiro, paso a carón da Casa de turismo rural, logo atraveso case todos os bares de San Sadurniño, o Pazo do Concello, o mosteiro, a Casa de Cultura e ao final...chego ao Cole... Cando vin o material gravado -coa cámara do meu irmán-, dinme conta que quedaba moi longo e pensei que se ía facer aburrido, polo que acelerei o tempo do paseo para que non se fixera tan pesado".
"O meu traxecto ao cole" é unha proposta sinxela de cine directo, no que un novísimo cineasta ensina e pon en valor o seu mundo cotián. Ven ser algo así como unha videocartografía emocional da experiencia diaria dun rapaz de 1º da ESO que, a pesares da súa xuventude, xa apunta maneiras de cineasta. Como él mesmo explicou na estrea mundial da chanfainalab: "É unha idea moi sinxela pero penso que orixinal". Nas sucesivas edicións da Chanfaina seguiremos a contar coa súa mirada e o seu punto de vista sobre as diversas realidades do Concello. É un orgullo para San Sadurniño contar con rapaces tan creativos como Pablo.
Fotografías de Cesar Galdo. O benxamín da Chanfaina Lab 16/17 móstranos o seu traxecto ao cole
"O meu traxecto ao cole"
Pablo Martinez na estrea de "O meu traxecto ao cole"
Pablo na fotocall arroupado polos cineastas da 3º Chanfainalab
Imaxe de "o meu traxecto ao cole"
Pablo na estrea mundial da 3ª Chanfainalab
Pablo na estrea
Pablo diante o espello
Abel Vega, o máis veterano e Pablo, o benxamín da 3º Chanfainalab