Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1908
Como todos os veráns, a finais do mes de xuño os Marqueses de San Sadurniño retornan á “Vila da tranquilidade” para refrescar a calor do estío nos xardíns e na “fraga dos marqueses”. E como todos os anos, a mais selecta nobreza española achégase para pasar uns días cunha das aristócratas mais influentes na corte de Madrid.
A primeiros de xullo de 1908, anúnciase a chegada da Infanta Isabel de novo, mais no seu lugar virá o primo do rei Alfonso XIII, o Infante Don Luís Fernando de Orleáns e Borbón, coñecido posteriormente como “El infante maldito". Sen dúbida este depravado mozo de 20 anos sería unha das moitas desilusións da moi relixiosa e católica marquesa Natividad Quindós. Ignoramos qué fixo o infante real nos días que pasou en San Sadurniño, mais poderíamos imaxinármonolo dacabalo, ao galope polas rúas da fraga e as corredoiras das parroquias, diante da admiración popular por iste aloucado mozo que, 16 anos despois, será repudiado pola familia real española “pola súa vida escandalosa e disoluta” en 1924. Mais os marqueses están a preparar a viaxe a Roma para estar có Papa Pío X en novembro deste mesmo ano.
Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), visitantes
Autor/a: Manuel González Álvarez