Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O II Señor de San Sadurniño merca o Couto do Pedroso

Pedroso, Narón, 1544

A mediados do século XVI moitos dos homes e terras do actual Concello de San Sadurniño eran "propiedade" do Couto do Mosteiro do Pedroso; gran parte dos labregos que cultivaban as terras das parroquias de Bardaos e Santa Mariña, e algúns de Lamas e San Sadurniño pagaban os "impostos" aos frades do mosteiro. O II Señor de San Sadurniño, Juan Freire de Andrade e Lanzós mercará por 500.000 marabedís o arruinado couto do Pedroso ao seu propietario, o Bispado de Mondoñedo o 24 de abril de 1544 "con xurisdición civil e criminal". Mais xurdirán problemas legais polo acordo. Será o III Señor de San Sadurniño, Pedro de Andrade quen resolverá definitivamente o litixio en 1557. Os vasalos do Couto do Pedroso pasarán a selo definitivamente da Casa de San Sadurniño con xurisdición total, é dicir "forca, picota, cárcere, soga e coitelo". Dise xeito, o Señorío de San Sadurniño convértese de golpe nun dos morgados mais sobranceiros de Ferrolterra, a pesares da oposición dos labregos do couto.
Descarga os documentos coas propiedades do Couto de Pedroso no Concello de San Sadurniño e a historia desta "operación inmobiliaria" que consolidará definitivamente ó Señorío recén creado en 1526 por Fernando de Andrade. Na ilustración de Eva Merlán, reconstrucción do mosteiro do Pedroso arredor de 1550.

O II Señor de San Sadurniño merca o Couto do Pedroso

Documentos:

Os Señores de San Sadurniño mercan o Couto de Pedroso (1544)
Posesións do mosteiro do Pedroso no concello de San Sadurniño en 1544
Breve historia do Mosteiro do Pedroso, por Enrique Cal Pardo (2011)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, Lamas, San Sadurniño (parroquia), Pedroso, Santa Mariña do Monte, conflitos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: