Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O final do mosteiro do Pedroso

Pedroso, Narón, 1492

A comezos do 1492 chega ao Mosteiro do Pedroso un ilustre visitante. Trátase do bispo de Catania, Alonso Carrillo de Albornoz que trae unha encomenda delicada e de gran transcendencia para o futuro do Couto do Pedroso . Por mandato dos Reis Católicos ven a realizar unha inspección sobre o estado dos mosteiros galegos e adoptar medidas "centralizadoras" que permitiran a reforma integral do monacato español a fin de garantir a súa viabilidade.
O 30 de maio de 1492 certificou o estado de absoluto abandono do Pedroso: “caído, ruinoso e desfeito, privado de libros e ornamentos de culto divino e non hai alí observancia algunha das regras...Os bens patrimoniais estaban enaxenados en censo perpetuo con grave prexuízo económico do mosteiro”.
Así pois, o bispo decreta que o Couto do Pedroso pase a depender do mosteiro de San Martín de Mondoñedo, deixando de existir, polo tanto, como mosteiro independente dende a súa fundación no 1111. O derradeiro prior, Lopo Monteiro protestará en van, mais o mosteiro camiña cara ao seu final irremediábel.
No 1516 xa non residen monxes no Pedroso e no 1534 pasa a depender do Cabido da Catedral mindoniense; mais os novos propietarios non poden mantelo e o seu deterioro medra inexorablemente. En 1544 será vendido aos señores de San Sadurniño. Arredor de 1790 xa no quedaban nin as pedras do vello mosteiro, un dos referentes da historia medieval de San Sadurniño. Na ilustración, recreación da desaparecida porta principal do Mosteiro - Porta da Salvación- segundo Andrés Pena Graña

  • O final do mosteiro do Pedroso

  • Únicos restos do Pedroso. (1).-Doela da porta da Salvación; (2).-Capitel

  • Planta hipotética do Mosteiro do Pedroso

  • Reconstrucción do Pedroso no século XII segundo Andrés Pena Graña

  • O mosteiro segundo o apeo do Pedroso arredor do 1540

load

Documentos:

Posesións do mosteiro do Pedroso no concello de San Sadurniño en 1544
Breve historia do Mosteiro do Pedroso, por Enrique Cal Pardo (2011)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pedroso, visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: